Proposta de directiva da CEE sobre publicidade comparativa

AutorAnxo Tato Plaza

O 28 de maio de 1991, a Comisión presentou ó Consello das Comunidades unha Proposta de Directiva destinada á harmonización das lexislacións dos Estados membros en materia de publicidade comparativa (DOCE, núm. C 180, de 11 de xullo de 1991). Esta Directiva modificaría, de ser aprobada, a Directiva da CEE relativa á aproximación das disposicións legáis, regulamentarias e administrativas dos Estados membros en materia de publicidade engañosa, de 10 de setembro de 1984.

A Proposta consta de tres artigos. No primeiro deles é onde se conten a regulación da publicidade comparativa, destinándose os artigos segundo e terceiro a establecelo prazo de adaptación das lexislacións nacionais á normativa contida na Directiva e a determinalos destinatarios da mesma.

O artigo primeiro consta de sete apartados. De entre eles, é o apartado segundo o que ofrece unha definición da publicidade comparativa. Segundo o seu texto, entenderase por publicidade comparativa toda publicidade que identifique implícita ou explícitamente a un competidor ou os bens e servicios da mesma natureza ofrecidos por un competidor.

Especial importancia reviste o apartado terceiro do art. 1. Nel proclámase a licitude da publicidade comparativa sempre que compare de modo obxectivo, características esenciais, pertinentes, verificables e seleccionadas equitativamente, de bens e servicios que compitan entre sí. Ademáis, a publicidade comparativa atópase sometida os seguintes límites: a) non poderá ser engañosa; b) non deberá crear confusión no mercado entre o anunciante e un competidor, ou entre as marcas, os nomes comerciáis, os bens ou os servicios do anunciante e os dun competidor; c) non poderá causalo descrédito dun competidor, ou das súas marcas, nomes comerciáis, bens, servicios ou actividades; d) non deberá ter como obxectivo principal o de beneficiarse da reputación vinculada a unha marca ou ó nome comercial dun competidor.

Os Estados non poderán, por virtude do apartado séptimo do art. 1, establecer outros requisitos de licitude a maiores dos recollidos no apartado terceiro do art. 1 do Proxecto.

Trala regulación da figura xenérica da publicidade comparativa establecida polo apartado terceiro, o apartado cuarto do art. 1 contempla un subxénero desta publicidade, subxénero que vén constituido pola publicación polo empresario anunciante dos tests comparativos de productos ou servicios realizados por terceiros. Esta publicidade con tests comparativos deberá someterse os requisitos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR