DECRETO 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyDecreto

En concordancia cos artigos 148.1.6ª e 149.1.20ª da Constitución española, o Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 27.9 que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do seu ámbito territorial, a competencia exclusiva en materia de portos non cualificados de interese xeral polo Estado, portos de refuxio e portos deportivos.

Desde o ano 1997, a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da entidade pública instrumental Portos de Galicia, creada pola Lei 5/1994, do 29 de novembro, vén fomentando o sector portuario da náutica deportiva e de lecer non profesional dentro dunha ampla iniciativa de reactivación da actividade náutica como xeradora de negocio e actividade económica que redunde na creación de postos de traballo, e como factor complementario do pesqueiro e comercial.

O fomento deste sector e a crecente demanda de solicitudes de autorización de uso de postos de atracada nas instalacións determina a necesidade de ditar a presente disposición xeral coa finalidade de mellorar a xestión e explotación dos portos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo, homoxeneizando as condicións mínimas que deben reunir estas instalacións, tanto desde o punto de vista desa explotación e da prestación de servizos aos usuarios, como desde o punto de vista da aplicación de sistemas de xestión ambiental.

Por outra parte, regúlanse as relacións entre a Administración e os concesionarios, así como as relacións entre estes e os usuarios dos portos, definindo e concretando o obxecto e contido dos regulamentos de explotación, desenvolvendo o réxime de utilización e de prestación de servizos, concretando obrigacións, prohibicións, responsabilidades e medidas coercitivas que garantan a boa marcha da explotación e da prestación dos servizos. Simultaneamente a esta regulación, abórdase o réxime do procedemento para outorgar autorizacións de uso de postos de atracada pola Administración e o réxime aplicable a estas.

A disposición configúrase, por tanto, como regulamento autónomo de aplicación a portos deportivos e zonas portuarias de uso náutico-deportivo de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que se integra no bloque normativo sectorial de regulación dos Portos, esencialmente constituído en canto a rango de lei, pola lexislación estatal, na actualidade representada polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e a restante normativa autonómica de aplicación directa, en particular a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O decreto consta de 45 artigos divididos en seis capítulos, así como dunha disposición adicional, cinco disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e tres disposicións derradeiras.

No capítulo I, baixo a rúbrica de Disposicións xerais, determínase o obxecto e o ámbito de aplicación do decreto, defínense os conceptos básicos que este regula, os parámetros de protección e obxectivos de xestión, a cualificación xurídica dos portos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo e, en liña coa necesidade de homoxeneizar estas instalacións, recóllense as condicións básicas que deben reunir. Finalmente, e de maneira excepcional, prevese a posibilidade de compartir usos deportivos e pesqueiros dentro dunha ordenación que separe debidamente ambos os tráficos.

No capítulo II, dedicado ás concesións, dentro do marco e dos límites da lexislación sectorial aplicable, realízase a figura da concesión demanial como instrumento que permite a entrada da iniciativa privada na construción e explotación ou só na explotación destas instalacións, obxectivando os criterios mínimos que motivan o outorgamento ou a denegación das concesións, as condicións mínimas que deben reunir os títulos concesionais, o procedemento de outorgamento e os criterios mínimos de adxudicación para o caso de concurso, remitíndose finalmente en canto ás causas de extinción á lexislación estatal vixente en materia de portos de aplicación supletoria.

O capítulo III, coa rúbrica de Regulamentos de explotación dos portos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo, estrutúrase en tres seccións.

Na sección segunda regúlase, en primeiro lugar, o réxime de utilización e prohibicións que se aplican tanto aos titulares de concesións como aos usuarios de portos xestionados por medio desta figura. Regúlanse igualmente as obrigas dos usuarios dos portos, as causas que poden determinar a suspensión de servizos ou a extinción dos dereitos de uso de postos de atracada, así como a denegación da entrada e prestación de servizos, establecéndose o procedemento para aplicar estas medidas coercitivas. Desenvólvese finalmente o réxime de responsabilidades aplicable tanto aos concesionarios como a Portos de Galicia e aos usuarios, e de maneira moi puntual, o réxime aplicable a embarcacións, vehículos ou outra clase de obxectos abandonados.

Finalmente, a sección terceira, nun único artigo, prevé a publicidade que como mínimo se debe dar aos regulamentos de explotación que son de obrigado cumprimento.

O capítulo IV, baixo a rúbrica de réxime aplicable ás autorizacións temporais de uso de postos de atracada en base, estrutúrase en catro seccións.

A primeira das seccións define o obxecto do capítulo, que se centra na regulación do procedemento de outorgamento e o réxime aplicable ás autorizacións temporais de uso de postos de atracada en base outorgadas directamente por Portos de Galicia, con independencia de que o porto ou a zona se atope suxeita a outra forma de xestión, e aclarando que, coas especificidades previstas no propio capítulo, será aplicable a estas autorizacións o réxime de utilización, prohibicións, obrigacións e responsabilidades previsto no capítulo III.

A sección segunda regula detalladamente o procedemento de outorgamento a través de convocatorias públicas, detallando o modelo e contido das solicitudes, os criterios obxectivos de adxudicación, a resolución e os recursos procedentes, e o sistema de listas de espera para aquelas solicitudes que, reunindo todos os requisitos, non resulten seleccionadas en función dos criterios de adxudicación e ás que se asignará un número de orde en función do resultado do proceso, ou para aquelas outras solicitudes que se poidan presentar unha vez finalizado o proceso, e ás que tamén se asignará un número de orde atendendo, neste caso, en exclusiva á data de presentación da solicitude.

A sección terceira regula o réxime aplicable a estas autorizacións, considerando o seu carácter intransferible agás nos supostos expresamente recollidos na norma , o prazo de vixencia, a obriga de aboamento de taxas e outras cantidades, e a posibilidade de modificación.

Por último, a sección cuarta regula as causas de extinción.

O capítulo V, dedicado ás normas de sustentabilidade e xestión ambiental, establece para todo porto ou zona portuaria a obriga de dispor dun plan de xestión ambiental, prevé os sistemas de sustentabilidade no tocante á xestión de recursos e de residuos cos que deberán contar como mínimo os concesionarios das instalacións, e desenvolve nun último artigo o cumprimento da lexislación ambiental exixible aos concesionarios.

O derradeiro capítulo VI, baixo a rúbrica de potestade inspectora, infraccións e sancións, trata da facultade de inspección, e con suxeición ao determinado na lexislación estatal portuaria de aplicación supletoria, e ao previsto no capítulo VIII do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, que aproba o regulamento da entidade pública de Portos de Galicia, establece que o incumprimento das normas do regulamento constituirá infracción administrativa de acordo coa tipificación recollida na citada lexislación estatal.

Por último, a disposición adicional única regula a protección de datos, as catro disposicións transitorias recollen o réxime aplicable ás concesións, autorizacións temporais e listas de espera...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR