Decreto 193/2007, do 4 de outubro, polo que se regulan os termos da xestión do treito Alto de Santo Domingo-enlace de Cea, da autoestrada autonómica Alto de Santo Domingo-A52.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

A Xunta de Galicia ten entre os seus obxectivos fundamentais a mellora da ordenación do territorio da comunidade autónoma. Para acadar tal obxectivo, cómpre dotar a Galicia dunha ampla rede de infraestruturas viarias, que actúen como elementos vertebradores do territorio.

Por outra banda, o Goberno autonómico persegue impulsar o desenvolvemento económico equilibrado e sostible de Galicia, reforzando a cohesión socio-territorial para corrixir os desequilibrios internos, favorecendo a dinamización das zonas con menor desenvolvemento económico en Galicia. Para acadar este obxectivo xenérico a Xunta de Galicia ten os obxectivos específicos de priorizar o investimento en infraestruturas, impulsar o desenvolvemento do tecido económico e empresarial endóxeno e o desenvolvemento de turismo sostible de xeito diferenciado respecto a outras comarcas máis favorecidas.

Considerando como eixe fundamental a rede que une Santiago de Compostela e Ourense, adoptáronse os mecanismos necesarios para establecer a colaboración entre as diferentes administracións.

Tras o acordo entre as administracións autonómica e central para a construción dunha autoestrada entre Santiago de Compostela e Ourense, o Ministerio de Fomento abordou a execución dun primeiro treito entre Santiago de Compostela e o Alto de Santo Domingo, asumindo a Xunta de Galicia a execución do treito restante desde o Alto de Santo Domingo ata a conexión coa autovía A-52. Con este obxecto, creouse a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., Aceousa, e, mediante o Decreto 432/2003, do 5 de decembro, regulouse a construción, explotación e conservación e os termos da xestión por aquela sociedade do treito cuxa construción asumira a Administración autonómica.

Este decreto ten por obxecto a aprobación das tarifas no mesmo importe que as establecidas para o treito de autoestrada de titularidade estatal, entre Santiago de Compostela e o Alto de Santo Domingo, o que permite asegurar a adecuación daquelas a prezos de mercado, ademais de manter a necesaria coherencia da actuación da Administración autonómica coa estatal, todo isto no marco dos acordos subscritos no seu día.

Por outra parte, e ante a próxima entrada en funcionamento do primeiro treito da autoestrada autonómica, o que vai do Alto de Santo Domingo ao enlace de Cea, faise preciso regular un réxime específico que permita a asunción pola Administración autonómica das peaxes establecidas para o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR