Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoXefe do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas366-374

Page 366

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a traducción e a interpretación xurada doutras linguas do galego, e viceversa (dog núm. 182, do 20.09.2002).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5, outórgalles ó galego e ó castelán o carácter de linguas oficiais que todos teñen o dereito de as coñecer e as usar; e tamén establece que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, para o que disporán dos medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.

Desta equiparación legal do galego e do castelán —di a exposición de motivos— derívase a necesidade de contar con profesionais cualificados para a traducción e a interpretación doutras linguas para o galego e vice- versa. De aí a conveniencia de regula-la habilitación destes especialistas, o que facilitará, ademais, o uso do galego na documentación xurídica, administrativa e económica, e nos actos e procedementos que deban ter efectos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, ou que conteñan actuacións procedentes de fóra do seu ámbito territorial.

Por outra banda, a internacionalización das relacións sociais comporta, con frecuencia, a conveniencia de contar con traduccións fidedignas do galego e outras linguas, e viceversa; especialmente en textos e actuacións en materia xurídica, administrativa e económica.

Poden solicita-la Habilitación directa —artigo 7º—: a) os que posúan o título de licenciado en Traducción e Intepretación, sempre que acrediten mediante certificación académica que cumpren os seguintes requisitos:

a.1. Que cursaron vintecatro créditos de materias de traducción especializada durante a licenciatura e que calquera posible combinación lingüística de todas e cada unha das materias cursadas de traducción especializada teña o galego como lingua cara á que se traduce.

a.2. Que doce dos vintecatro créditos das materias de traducción es-Page 36pecializada cursada teñen como contidos a traducción de textos xurídicos e económicos. Se estes contidos non figurasen especificados nalgunha das materias, deberá xuntarse un certificado do programa oficial da materia correspondente ó curso escolar en que se cursase, no que terán que aparecer especificados aqueles contidos.

a.3. Que cursaran 12 créditos de intepretación.

O Anexo II recolle o contido das probas de lingua galega.

Orde do 3 de xuño de 2002 que modifica a do 22 de febreiro de 2002, pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional (dog núm. 114, do 14.06.2002).

A Orde do 22 de febreiro de 2002, publicada no dog do 21 de marzo de 2002, convoca axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, co fin de axudar a que eses equipos poidan levar a cabo aqueles proxectos que incidan directamente na promoción do galego nas aulas durante o curso 2001-2002.

O artigo 1º desta Orde sinala que amplía a dotación económica na disposición terceira da Orde do 22 de febreiro de 2002 pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de norma- lización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados)... ata unha contía total de 60.101 euros.

Resolución do 24 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios, por concurso público polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a organización dos actos finais da campaña «Entre nós, en galego» (dog núm. 116, do 18.06.2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios para a organización dos actos finais da campaña «Entre nós, en galego» por un importe total de 50.665 euros.

Page 368

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
Fomento

Orde do 31 de xullo de 2002 pola que se convocan os cursos básicos, medio e superior de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais (dog núm. 153, do 9.08.2002).

A convocatoria ten o seu baseamento legal na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que no seu artigo 4º.1, establece que, «O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma...»; na Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, que no seu artigo 1, dispón: As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia redactaranse en lingua galega; e no en artigo 2º, punto 2.1.: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega.» Tamén a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos números 1 e 3 do seu artigo 7, dispón respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local.»

A teor deste marco xurídico de referencia, a Consellería desenvolve accións destinadas a normaliza-la lingua galega na Administración local. Esta orde convoca cursos —de nivel básico, medio e superior—, podendo a Dirección Xeral de Administración Local modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Orde do 31 de xullo de 2002 pola que se convocan cursos de formación en lingua galega (niveis de iniciación e perfeccionamento), e de linguaxe xurídica galega (niveis básico, medio e superior) para o persoal ó servicio da Administración de xustiza (dog núm. 153, do 9.08.2002).

Entre as funcións e competencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, determinadas polo Decreto 346/1996, figura a promoción e o ensino da lingua galega, concretados, ademais de noutros campos, na coordinación de cursos de formación en lingua galega, dirixidos, entre outros colectivos, ós funcionarios da Administración de Xustiza.

Page 369

Convócanse cursos de niveis básico, medio e superior. Os cursos van dirixidos a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, oficiais, auxiliares, axentes xudiciais, e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 31 de xullo de 2002 pola que se regula a concesión de subvencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm. 155, do 13.8.2002).

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, ten como obxectivos de normalización lingüística no ámbito da Administración local os mencionados nos artigos seguintes:

Artigo 1º.— «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega.»

Artigo 2º.1.: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especial- mente a través de programas de formación de funcionarios en lingua gale- ga»; e no punto 2º.2.: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega.»

Por outra banda, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos seus puntos 1 e 3 do artigo 7 dispón, respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local.»

Co fin de acadar estes obxectivos a Xunta de Galicia elaborou un plan integral de estudios dedicado ós funcionarios que presten os seus servicios nas corporacións locais galegas, do que forman parte os cursos básico, medio e superior, obténdose, ó remate deles, o título de traductor oficial de linguaxe administrativa galega, título que habilita, ós que o obteñan, para encargarse da traducción da documentación á que se refire o artigo 1 da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

O artigo 1º da Orde dispón que «A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais convoca axudas destinadas a sufraga-los custos de contratación de persoal polos concellos para a realización das funcións de traducción ó galego dos documentos ós que se refire o artigo 1º da Lei 5/1988, do 21 de xuño, así como a subvención de campañas de normalización lingüística.»

Page 370

Engade o 3º: «Os concellos poderán solicita-las axudas desta orde, utilizando o modelo que figura como anexo I dela, para as modalidades que a continuación se relacionan:

»1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existentes.

»2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística.

»3. Organización de campañas co obxecto de logra-la normalización lingüística no concello.»

Os servicios municipais de normalización lingüística deberán contar —artigo 4º— cando menos, cun especialista titulado en lingua galega: licenciado en filoloxía galego-portuguesa, en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica (sección galego-portugués); mestre co diploma de especialista en lingua galega ou co diploma de curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega.

Asemade, o artigo 5º imponlle ós gabinetes municipais de normalización lingüística as seguintes misións:

a) Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en galego das actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, dictames das comisións informativas, mocións e traduccións de tódolos impresos oficiais en lingua galega.

b) Ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa traducción, se fose posible.

c) Impulsa-la normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Resolución do 5 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais (dog núm. 160, do 21.08.2002).

O artigo 3 di que son obrigas da empresa «Fomenta-lo uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos clientes e administracións públicas galegas.»

O artigo 4º (Dereito dos traballadores), consigna:

Son dereitos dos traballadores e traballadoras:

Page 371

—Desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega, e recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa deste xeito a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras recollidos no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego dos consumidores e usuarios, e demais disposicións legais concordantes.

Actividade parlamentaria
A)Boletin Oficial do Parlamento

Proposición non de lei en Comisión, formulada polo G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dona María Pilar García Negro, sobre a ilegalidade persistente na reproducción da toponimia galega (núm. 190, do 20.09.2002).

Proposición non de lei en Comisión, formulada polo G. P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Antón Louro Goyanes, sobre a solicitude ó Goberno central da edición en galego dos boletos dos distintos xogos de azar distribuídos en Galicia polo Organismo Nacional de Loterias e Apostas do Estado (núm. 211, do 16.10.2002),

Proposición non de lei en Pleno, formulada polo G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de D. Bieito Lobeira Domínguez e Dona María Pilar García Negro, sobre a adopción de medidas para o emprego oficial da forma orixinal galega na toponímia das provincias marítimas (Núm. 182, do 11.09.2002).

Moción, formulada polo G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dona María Pilar García Negro, sobre o uso da lingua galega na Administración de Xustiza (núm. 162, do 19.08.2002).

Pregunta por escrito, formulada por Dona María Pilar García Negro, sobre o seguimento que fai a Dirección Xeral de Política Lingüística dos cursos de galego (por ela homologados) que imparte o Centro Universitario de Idiomas a Distancia dentro da uned (núm. 163, do 20.08.2002).

Pregunta por escrito, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a dificultade ou entorpecemento que os cidadáns galegos padecen no exercicio dos seus dereitos ó uso oficial do idioma galego (núm. 163, do 20.08.2002).

Page 372

Pregunta por escrito, formulada por Dona Laura Seara Sobrado, do G. P. dos Socialistas de Galicia, sobre as subvencións e axudas concedidas pola Xunta de Galicia para novos escritores en lingua galega (núm. 175, do 3.09.2002).

Pregunta por escrito, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a difusión dos impresos de solicitude de bolsas de estudio en galego (núm.196, do 27.09.2002).

Pregunta oral en Pleno, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a «transferencia» da Real Academia Galega á Xunta de Galicia (núm. 186, do 16.09.2002).

Pregunta oral en Pleno, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a publicación no dog do 18 de setembro de 2002, dun contrato de servicios para a elaboración dun plan xeral de normalización da lingua galega (núm. 204, do 7.10.2002).

Pregunta oral en Comisión, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do bloque Nacionalista Galego, sobre o anuncio dun contrato de servicios para a elaboración dun plan xeral de normalización da lingua galega (núm. 196, do 27.09.2002).

Pregunta oral en Comisión, formulada por D. Alberte Xullo Rodriguez Feixóo, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre o emprego do idioma galego por parte do Ministerio Fiscal en Galicia (núm. 195, do 26.09.2002).

Pregunta oral en Comisión, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a crise existente no sector do libro galego (núm. 195, do 26.09.2002).

Pregunta oral en Comisión, formulada por D. Eduardo Gutiérrez Fernández, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre as afirmacións do director do Centro Dramático Galego, respecto das oríxes do teatro actual e da discriminación que sofre en Galicia o teatro castelán (núm. 249, do 4.12.2002).

Reposta remitida pola Xunta de Galicia á pregunta, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a dificultade ou entorpecemento que os cidadáns galegos padecen no exercicio dos seus dereitos ó uso oficial do idioma galego (núm. 181, do 10.09.2002).

Page 373

Resposta remitida pola Xunta de Galicia á pregunta, formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do bloque Nacionalista Galego, sobre a representación, en cidades galegas, de «Os vellos non deben namorarse», en traducción ó castelán (núm. 198, do 30.09.2002).

Resposta remitida pola Xunta de Galicia á pregunta, formulada por D. Domingos Merinos Mejuto, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre as razóns da aparición no número 50 da revista Noticiario Turístico, publicación oficial de Turgalicia, dos topónimos A Coruña e Ourense en versión castelanizada (núm. 216, do 23.10.2002).

Resposta remitida pola Xunta de Galicia á pregunta formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a difusión dos impresos de solicitude de bolsas de estudio en galego (núm. 225, do 8.11.2002).

Resposta remitida pola Xunta de Galicia á pregunta formulada por Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre o seguimento que fai a Dirección Xeral de Política Lingüística dos cursos de galego (por ela homologados) que imparte o Centro Universitario de Idiomas a Distancia dentro da uned (núm. 225, do 6.11.2002).

B)Diario de Sesións do Parlamento

Interpelación de Dona María Pilar García Negro, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego sobre o uso da lingua galega na Administración de Xustiza (núm. 23. Sesión plenaria do 15 de maio de 2002).

Moción do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dona María Pilar García Negro, sobre o uso da lingua galega na Administración de Xustiza (núm. 24. Sesión plenaria do 28 de maio de 2002).

Valedor do Pobo

No Informe ó Parlamento do 2001, a Memoria do Valedor do Pobo inclúe un capítulo dedicado ós «Dereitos e liberdades constitucionais dos galegos á luz das queixas tramitadas e da actuación das administracións públicas».

O seu autor, Jacobo Varela Suanzes-Carpegna, asesor do Valedor, fai un percorrido por tódalas queixas presentadas polos cidadáns, unhas vecesPage 374reivindicativas dos seus dereitos lingüísticos conculcados polas administracións e, outras, denunciadas sobre comportamentos contrarios á lei.

Manifesta o autor deste informe unha conclusión xa coñecida: «a maioría dos concellos onde non se fai uso ordinario do galego son os de poboacións máis rurais onde a inmensa maioría dos seus habitantes falan case unicamente en galego». A sociolingüística en Galicia ten afondado nos prexuízos culturais e lingüísticos para determina-las claves de tales comportamentos e o autor do informe, dende unha óptica moi persoal, afonda neles: «A posible explicación desta circunstancia pode ser que no momento de escribi-la nosa lingua tense un receo maior debido, quizais, á falta de coñecemento do galego escrito e, sobre todo, da normativa oficial. Así, moitos alcaldes cando lles solicitamos información ó respecto nos comunican que non teñen no cadro de persoal ningún funcionario especializado na redacción de escritos en galego.» En todo caso a lectura deste informe pode axudar ós estudiosos das linguas minorizadas a comprender unha sociolingüísta que, como tódalas demais, ten as súas propias e peculiares raíces.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR