A modernidade ilustrada e o patriarcado dos dereitos. Avances e perspectiva crítica sobre a igualdade

AutorXosé Manuel Pacho Blanco
Cargo del AutorProfesor Asociado na Universidade de Vigo Doutor en Dereito e Avogado en exercicio
Páginas675-687
675
A modernidade ilustrada e o patriarcado dos
dereitos. Avances e perspectiva crítica sobre a
igualdade
Xosé Manuel Pacho Blanco
Profesor Asociado na Universidade de Vigo
Doutor en Dereito e Avogado en exercicio
1. A modernidade ilustrada como contexto da desigualdade
A modernidade nace coa Ilustración que, dende os primeiros procesos
revolucionarios, puxo as bases para crear unha sociedade onde se recoñecese e se
puxese en valor a individualidade. Esa individualidade que se aseguraba cos principios de
liberdade, igualdade e fraternidade, así como cun novo pacto político e cunha nova forma
de configurar o Estado. Estado de dereito e cidadanía que dotaban de sentido a
democracia. Unha democracia masculina, unha cidadanía masculina, unha comprensión
do mundo dende as bases dunha sociedade que pensaba e construía en masculino e,
consecuentemente, obviaba a muller e o seu imaxinario.
Este é o contexto onde a modernidade encaixa a igualdade de todos os seres
humanos, dende unha asimetría que non pode ser eludida porque asentou as bases da
construción social e xurídica dos Estados de dereito actuais, porque a historia do
patriarcado repítese monotonamente (AMORÓS, 2000, p. 36).
Acontece que o camiño dos dereitos, como ten sinalado Bobbio, é o resultado
dunha vontade férrea de transformación do mundo (BOBBIO, 1991, p. 14) que
permaneceu como abstracción dispoñible para todos os colectivos discriminados. E
dende esta abstracción o movemento a favor da igualdade entre homes e mulleres fixo
fronte ao patriarcado, entendido como unha serie de normas que construían a sociedade
dende o home e para o home, e no que a muller non era considerada. O sistema social
colocábaas nunha posición subalterna na que non eran consideradas suxeito de dereitos,
e durante moito tempo o patriarcado permaneceu indiferente á razón e aos dereitos
para todos en igualdade.
As mulleres rexeitaron ese sistema social que as colocaba nun plano secundario
produto dunha relación de desigualdade e de opresión que era froito dunha visión
ideoloxizada do xénero (MOLINA PETIT, 2000, p. 278). Na actualidade seguimos sendo
herdeiros desta visión ideoloxizada do xénero, que ten como consecuencia que o Estado
de dereito e os propios dereitos fundamentais fiquen parcialmente invalidados cando
son as mulleres e outras identidades historicamente discriminadas as que gocen deles.
Sabemos que os dereitos humanos, os dereitos fundamentais, son un punto de
referencia moral cada vez máis difícil de obviar, pero nunhas relacións de poder
asentadas sobre valores androcéntricos e patriarcais, en palabras de Facio e Vitoria
(FACIO – VITORIA, 2017, p. 49), as súas consecuencias son apenas perceptibles, como

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR