Resolución do 29 de maio de 2008 pola que se convocan a concurso de acceso prazas de corpos de funcionarios docentes universitarios.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, reformada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante LOU), na disposición transitoria primeira do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios, e o Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos, modificado polo Real decreto 338/2005, do 1 de abril (en diante RDH), e segundo o establecido no Decreto da Xunta de Galicia 28/2004, do 22 de xaneiro (DOG do 9 de febreiro), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (no sucesivo EUSC).

Esta reitoría, en exercicio das competencias atribuídas polos artigos 20 da LOU e 87 dos EUSC, conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno o día 29 de abril de 2008, resolve convocar os correspondentes concursos de acceso ás prazas de corpos de funcionarios docentes universitarios que se relacionan no anexo I desta resolución, comunicadas no seu día á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria para os efectos de habilitación, con suxeición ás seguintes bases:

  1. Normas xerais.

    1.1. En aplicación da disposición transitoria primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades os presentes concursos rexeranse polo disposto nos artigos 62 e seguintes da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e a súa normativa de desenvolvemento. Ademais, regularanse polo disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (en diante LRX-PAC), na disposición transitoria primeira do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios, no RDH, nos EUSC, na normativa pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios, aprobada por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 20 de decembro de 2004, por estas bases de convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

    1.2. Os concursos de acceso terán procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas nunha mesma área de coñecemento cuxas características resulten idénticas.

    1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Para seren admitidos a estas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

    1. Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se atopa definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

      Tamén poderán participar o cónxuxe non separado de dereito, e os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas, dos españois, dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, ou de nacionais doutros Estados cando así o estableza un tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España.

      Igualmente, poderán participar os nacionais de calquera outro Estado que lles recoñeza aos españois aptitude legal para ocuparen na docencia universitaria posicións análogas ás dos funcionarios dos corpos docentes universitarios españois.

    2. Ter cumpridos os dezaoito años de idade e non ter superado a idade de xubilación normativamente establecida.

    3. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño das funcións públicas por sentenza xudicial firme. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española, ademais, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

    5. Estar habilitado para o corpo docente universitario e área de coñecemento a que corresponda a praza convocada, conforme o previsto no artigo 15 do RDH, nos termos regulados nese texto.

    6. No caso de aspirantes de nacionalidade estranxeira, será requisito coñecer calquera das linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela.

      2.2. Non poderán participar nos respectivos concursos de acceso os aspirantes que incorran na prohibición do artigo 17.7º do RDH, en virtude da cal os candidatos que opten a prazas de igual categoría e área de coñecemento que a que estean ocupando deberán reunir o requisito de ter desempeñado polo menos durante dous anos a praza anteriormente obtida mediante concurso de acceso.

      Tampouco se admitirá a participación no concurso de acceso de quen teña a condición de profesor dunha praza da mesma categoría, área de coñecemento e localidade nesta universidade, excepto que se encontre na situación administrativa de excedencia voluntaria.

      2.3. A posesión dos requisitos establecidos nesta base estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

  3. Solicitudes.

    3.1. A solicitude para participar nestas probas selectivas axustarase ao modelo que se xunta como anexo II a esta convocatoria.

    As persoas que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas, excepto cando se trate de prazas convocadas baixo o mesmo número de concurso.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE. Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros xerais da USC, situados no Campus de Santiago (Colexio de San Xerome; praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela) e no Campus de Lugo (servizos centrais do Campus de Lugo, campus universitario, 27002 Lugo) ou polos restantes procedementos previstos no artigo 38.4º da LRX-PAC. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán ir en sobre aberto para que o empregado de correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes subscritas no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.

    3.3. Dereitos de exame:

    Os aspirantes deberán aboar á Universidade de Santiago de Compostela por cada concurso no cal soliciten participar a cantidade de 39,94 euros en concepto de dereitos de exame. O ingreso ou transferencia deberá efectuarse na conta corrente nº 2091-0300-44-3110000482 de Caixa Galicia, OP de Santiago de Compostela.

    Estarán exentas do pagamento desta taxa as persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33% e as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial, sempre que presenten xunto coa solicitude a xustificación documental correspondente. Os membros de familias numerosas de categoría xeral terán dereito a unha bonificación do 50%.

    A falta de pagamento destes dereitos durante o prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión do aspirante, excepto que acredite estar exento do pagamento da dita taxa.

    Non procederá a devolución dos dereitos de exame aos aspirantes no caso de exclusión definitiva das probas selectivas por causas imputables a eles.

    3.4. Coa solicitude achegaranse necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

    1. Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

      Os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco, e, de ser o caso, do feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España, co que teña o dito vínculo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos para algunha das linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela.

    2. Fotocopia compulsada, ou simple acompañada do respectivo orixinal para o seu cotexo, dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos académicos que se sinalan na letra e) da base 2.1.

    3. Xustificante orixinal de ter aboados os dereitos de exame, no cal deberá constar necesariamente o nome e apelidos do aspirante e a referencia do número de concurso así como, de ser o caso, xustificante da causa de bonificación ou exención.

      3.5. De conformidade co disposto na letra f) da base 2.1., os aspirantes de nacionalidade estranxeira poderán achegar coa solicitude a documentación acreditativa do coñecemento de calquera das linguas oficiais da USC. O coñecemento do español acreditarase mediante fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. Para acreditar o coñecemento do idioma galego deberá presentarse certificación de ter superados os cursos de iniciación ou perfeccionamento da lingua galega, homologados polo órgano correspondente da Administración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR