O imperativo categórico do centralismo no modelo territorial español

AutorÁlvaro Xosé López Mira
Cargo del AutorUniversidade de Vigo (Galiza, España)
Páginas49-62
49
O imperativo categórico do centralismo no
modelo territorial español
Álvaro Xosé López Mira
Universidade de Vigo (Galiza, España)
almira@uvigo.es
1. Algunhas leccións da historia
Na segunda metade do século XV o príncipe que, probablemente, serviu de
modelo inspirador a Maquiavelo, Fernando rei de Aragón, derrotou á nobreza feudal
galega que apoiara, xunto co rei de Portugal Afonso V, a Xoana, pretendente lexítima
ao trono de Castela, quen perdeu os seus dereitos pola forza das armas diante da súa
tía Isabel, consorte do monarca aragonés, os con posterioridade alcumados como Reis
Católicos. O cronista oficial da época, Jerónimo Zurita, escribiu una instrución real na
que falaba da necesidade da doma e castración do Reino de Galicia. O que fora primeiro
reino independente do poder musulmán na península ibérica que logo daría lugar á
fundación de outros: León, Portugal…, iniciaría un proceso de despersonalización e
sometemento ás directrices dos novos gobernantes casteláns que duraría catro séculos
(os coñecidos como séculos escuros).
Pouco antes de 1640, o todo poderoso valido do mozo rei Felipe IV, o
condeduque de Olivares emitiu o seguinte famoso memorial dirixido ao monarca, o
penúltimo dos Habsburgo que foi un auténtico rei planetario da súa contemporaneidade:
Tenga V.M por el negocio más importante de su Monarquía el hacerse rey de
España; quiero decir, Señor, que no se contente V.M con ser Rey de Portugal, de
Aragón, de Valencia, conde de Barcelona, sino que trabaje con consejo mudado y
secreto, por reducir estos reinos de que se compone España al estilo y leyes de
Castilla, sin ninguna diferencia, que, si V.M. lo alcanza, será el Príncipe más poderoso
de la tierra.
Portugueses e cataláns declaráronlle a guerra por parecidos motivos; os
segundos perderon (e tamén parte do seu territorio a mans de Francia) e os primeiros
conqueriron a súa independencia despois dun longo conflito. A decadencia imperial
hispánica xa sería imparable e acelerada de aquí en diante, a frustración permanente e
unha parte (España) tomou o nome do todo (Hispania) que, historicamente, fora a
península ibérica.
Uns anos despois da guerra de sucesión pola vacante coroa española
(17001713), instaurouse unha nova dinastía, a dos Borbóns, que activou o sometemento
dos diferentes reinos da monarquía ao de Castela, especialmente o daqueles que
apoiaran ao outro pretendente ao trono: en Valencia, Aragón, Illas Baleares e Cataluña
(en xeral, os territorios da vella coroa de Aragón) suprimíronse os seus ancestrais foros
e dereitos, elimináronse as súas propias institucións e prohibiuse o uso do catalán nos

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR