Decreto 25/2005, do 3 de febreiro, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación entre os termos municipais de Santiago de Compostela-Oroso.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL |
Rango de Ley | Decreto |
O Concello de Oroso e o Concello de Santiago de Compostela inician expediente de alteración dos termos municipais de ambos os concellos, con carácter voluntario, para segregar do termo municipal de Santiago de Compostela (parroquia da Barciela) a zona situada entre a ribeira dereita do río Tambre e o núcleo de Sigüeiro-Oroso, separado de Sigüeiro-Santiago de Compostela pola estrada provincial 3801 Sigüeiro-San Mauro, comprendendo os lugares de Sigüeiro e A Foca, para a súa agregación ao concello de Oroso, de xeito que os lindes de ambos os dous concellos queden delimitados pola fronteira natural do leito do río Tambre, de acordo cos seguintes feitos:
-
A documentación presentada no expediente xustifica a súa pretensión segregadora-agregadora baseándose nos argumentos recollidos no artigo 29 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
-
O expediente foi tramitado de acordo co artigo 13.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, os artigos 7 e seguintes do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril), os artigos 28 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os artigos 2 a 16 do Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais (Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo), e demais normativa de aplicación.
Fundamentos de dereito:
Tendo en conta a normativa anteriormente citada, así como o expediente, que foi promovido polos concellos conforme a concorrencia das causas establecidas no artigo 29 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, sinálase o seguinte:
-
En relación coas causas propostas polos concellos de Santiago de Compostela e Oroso, e á vista da información cartográfica e fotográfica que existe no expediente, consta que o desenvolvemento urbanístico produciu a confusión de núcleos urbanos, de xeito que o núcleo que se vai segregar integraríase coa capitalidade do concello de Oroso (municipio agregante).
-
Existe unha parte do territorio do municipio de Santiago de Compostela -Sigüeiro e A Foca- limítrofe co municipio de Oroso, en que, sen solución de continuidade co núcleo urbano deste último municipio, se asentan edificios residenciais e industriais. O desenvolvemento urbanístico provocou a consolidación dun grupo importante de edificacións compactas que constitúen propiamente solo urbano, estendéndose este...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba