Decreto 180/2003, do 27 de febreiro, polo que se modifican as contías establecidas nos artigos 26, 34.1º e 2º, 35.2º e 36 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como varios artigos do regulamento que a executa, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional segunda da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a redacción dada pola disposición adicional décimo cuarta da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1989, establece que o Consello da Xunta de Galicia poderá, a través

de decreto, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, modifica-las contías establecidas nos artigos 25, 26, 34.1º e 2º, 35.2º e 36 da devandita Lei do patrimonio.

As contías sinaladas nos artigos 25 e 26 foron actualizadas polos decretos 207/1994, do 30 de xuño e 185/2001, do 26 de xullo.

O artigo 18 da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo modifica o artigo 25 da lei, engadindo un segundo parágrafo, relativo á posibilidade de autoriza-la subscrición de contratos de alugueiro ou de alugueiro financeiro dos bens que se van allear, e adaptando as súas contías á nova moeda, indicando os valores en euros.

No mesmo senso, faise necesario adaptar tódalas contías que se indican na lei, evitando unha conversión automática dos valores actuais.

Finalmente, como queira que os cambios que se introducen na lei deben desenvolverse axeitadamente polo regulamento que a executa, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, atendendo ós principios de xerarquía normativa e de seguridade xurídica, cómpre modifica-lo citado regulamento para adaptalo á normativa legal, tanto ás novas contías, como ás modificacións introducidas pola Lei 7/2002 nos artigos 25 e 35 bis da Lei do patrimonio.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintesete de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Ó abeiro da disposición adicional segunda da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, modifícanse as contías sinaladas nos artigos 26, 34.1º e 2º, 35.2º e 36 da devandita Lei 3/1985, que quedan fixadas do seguinte xeito:

  1. Contías do artigo 26.

    Se o valor dos ben inmobles é inferior a 1.502.600 euros, corresponderalle autoriza-lo alleamento directo á Consellería de Economía e Facenda e nos demais casos, ó Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, en todo caso, mediante acordo motivado.

  2. Contías do artigo 34.1º e 2º:

    Cando o valor dos bens...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR