DECRETO 84/2019, do 27 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias, puntos quilométricos 4+260-6+250, no concello de Salceda de Caselas (clave PO/16/105.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 9 de xuño de 2017, publicouse o Anuncio do 29 de maio de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias, puntos quilométricos 4+260-6+250 (clave PO/16/105.06), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 9 de abril de 2019 apróbanse o expediente de información pública e o proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias, puntos quilométricos 4+260-6+250 (clave PO/16/105.06).

Este proxecto de construción ten por obxecto a xustificación e definición das obras que se levarán a cabo para a construción dunha senda compartida peón-bici, na estrada PO-411, desde o punto quilométrico 4+260 ao 6+250, no Concello de Salceda de Caselas.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR