DECRETO 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia constituíu unha primeira regulación da formación mínima dos socorristas acuáticos/as e o seu Rexistro Profesional na Comunidade Autónoma.

Os dous eixos centrais regulamentados determináronse no artigo 6, relativo á formación mínima, e na disposición transitoria única, relativa á inscrición provisional.

En relación co primeiro deles, a formación mínima para o acceso ao rexistro constituíu e constitúe a referencia mais importante, xa que vén supoñer o establecemento duns novos altos estándares de calidade e capacitación para o desenvolvemento da profesión en Galicia, ao exixir estar en posesión da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, ou/e da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, dependendo do ámbito en que vaian desenvolver a súa actividade.

Así, o certificado de profesionalidade convértese no motor central de cambio e especialmente significativo da regulación, ao establecer a exixencia da súa posesión para exercer a profesión, pois que deste xeito se aumenta notablemente a cualificación da formación dos/das profesionais e, consecuentemente, a vixilancia, seguridade e prestación de calidade do servizo á cidadanía usuaria en consonancia co sistema nacional de cualificacións e formación profesional, que ten entre os seus fins capacitar para o exercicio de actividades profesionais e promover unha oferta formativa de calidade e, neste ámbito, o certificado, tanto en instalacións acuáticas como en espazos acuáticos naturais, supón unha garantía suplementaria para as persoas usuarias.

Pero a dita garantía suplementaria non está constituída só polo certificado, senón que se ampliou mediante a implantación doutras vías, como a exixencia para o acceso ao rexistro do título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo ou do título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, ou ben da acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas ou/e espazos naturais, todas elas coas especificacións do artigo 6.

As referidas garantías suplementarias de presente e futuro dunha axeitada prestación de servizos de calidade exixían e exixen xestionar o cambio incorporando transitoriamente os/as profesionais formados/as ao abeiro da situación anterior, polo que mediante a disposición transitoria única e durante o período transitorio de 5 anos se permitía garantir a obtención por parte das persoas interesadas da acreditación das unidades de competencia da cualificación profesional correspondente e se poderían inscribirse de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia as persoas que, no momento da entrada en vigor desta normativa, cumprisen cos requisitos da referida disposición transitoria.

Deste xeito, cunha planificación de futuro, de presente e da realidade social, en resumo, regulábase a formación mínima e a transitoriedade, que constituíron durante estes anos eixes principais da profesión de socorrista.

Non obstante, durante o tempo de vixencia do actual decreto, púxose de manifesto a necesidade de introducir determinadas modificacións dirixidas a tres obxectivos principais:

• Por unha banda, manter o alto nivel de exixencia para a prestación dos servizos de cualificación e calidade á cidadanía usuaria, mantendo o certificado de profesionalidade como eixe central, ademais das outras titulacións ou acreditacións especificadas no artigo 6 do decreto.

• Doutra, incorporar mediante unha ordenada formación de adaptación á profesión os licenciados e licenciadas ou graduados e graduadas en ciencias da actividade física e o deporte e os técnicos e técnicas superiores en animación de actividades físicas e deportivas, xa que constitúen titulacións especialmente vinculadas á actividade física e o deporte e que cos cursos de adaptación de 270 e 265 horas, segundo sexa para espazos acuáticos naturais ou instalacións acuáticas, conformarán profesionais cunha alta cualificación para prestar un servizo de alta calidade.

• E, como terceiro obxectivo, ampliar o prazo para que aos/ás profesionais formados/as con anterioridade á actual regulación se lles garanta a posibilidade da obtención da cualificación ou formación profesional correspondente.

Ademais destes principais obxectivos, cómpre destacar que a modificación regula as entidades que poderán realizar os cursos de adaptación, baixo o criterio da experiencia ou da especial vinculación ás persoas destinatarias e posibilita tamén que as entidades locais poidan programar a dita formación. Así, esta vinculación ou experiencia atópase nas propias entidades locais como entes contratantes dos profesionais, nas entidades acreditadas para impartir o certificado de profesionalidade do código AFDP0109 Socorrismo en Instalacións Acuáticas e do código AFDP0209 Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais, conforme a normativa aplicable de centros e entidades de formación para o emprego, nas universidades dado que son as entidades que poden impartir o Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, que se establece como nova formación mínima de acceso ao rexistro, ou nos centros que teñan autorizadas as ensinanzas deportivas na modalidade de Salvamento e Socorrismo, así como aqueles que teñan autorizado o ciclo superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas, pola mesma razón anterior pero referida ao título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, ademais da propia Academia Galega de Seguridade Pública.

E finalmente, en coherencia co anterior, aprovéitase para ampliar a regulación dos cursos de reciclaxe establecendo como entidades formadoras as mesmas que para os cursos de adaptación.

En virtude do exposto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, facendo uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

O Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, queda modificado como segue:

Un. Engádense dúas novas letras D) e E) nos puntos 1 e 2 do artigo 6:

Artigo 6.1:

D) Título de Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, xunto co certificado de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo V e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda.

E) Título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, xunto co certificado de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo V e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda.

Artigo 6.2:

D) Título de Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, xunto co certificado de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo VI e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda.

E) Título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, xunto co certificado de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo VI e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda

.

Dous. Engádese unha disposición adicional primeira:

Disposición adicional primeira. Entidades autorizadas para impartir os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), obriga de comunicación e facultades de control

1. As entidades que poderán impartir o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas e o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais, de acordo co establecido no anexo V, VI e VII serán as seguintes:

a) As entidades acreditadas para impartir o certificado de profesionalidade do código AFDP0109 Socorrismo en Instalacións Acuáticas e do código AFDP0209 Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais, conforme a normativa aplicable de centros e entidades de formación para o emprego.

b) As universidades.

c) Os centros que teñan autorizadas as ensinanzas deportivas na modalidade de Salvamento e Socorrismo, así como aqueles que teñan autorizado o ciclo superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas, sempre que cumpran os requisitos establecidos neste decreto.

d) As entidades locais de Galicia.

2. As entidades deberán comunicar, cunha antelación mínima dun mes, á Academia Galega de Seguridade Pública a celebración dos cursos, sen que sexa precisa unha autorización expresa para a súa realización.

A comunicación deberá realizarse de xeito individual para...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR