DECRETO 19/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, no seu artigo 20 dispón que durante o presente exercicio unicamente se procederá no sector público autonómico á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

Así, sempre que se respecten as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I, en determinados sectores, establécese unha taxa de reposición de efectivos de ata un máximo do 100 %. Entre estes sectores a lei inclúe o control e loita contra a fraude fiscal, laboral, subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos, asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos, así como tamén as prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento e as prazas do persoal que presta asistencia directa aos usuarios dos servizos sociais e do persoal que realiza a xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego.

Así mesmo, noutros sectores a taxa de reposición fíxase ata un máximo do 50 %.

A Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, recolle no seu artigo 13 esta mesma previsión.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Nesta oferta inclúense as prazas que figuran no anexo I tendo en conta o número de xubilacións, excedencias, baixas definitivas e reingresos producidos durante o ano 2015.

Así mesmo, establécese un plan de promoción interna para o persoal funcionario dos corpos xerais e das escalas de informática, así como para o persoal laboral, que consiste nunha promoción interna independente das convocatorias ordinarias co número de prazas que se especifica no anexo II.

Nos procesos de promoción interna que se realicen tamén poderá participar o persoal laboral fixo que no momento da entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público estivese ocupando un posto de traballo que figure na relación de postos de traballo clasificado para persoal funcionario.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, nesta oferta resérvase unha porcentaxe do 8,68 % das vacantes que se distribuirá segundo se establece nos anexos I e II das prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 8,68 % indicado realizarase de xeito que o 2,24 % das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 6,44 % das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 13 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas da Administración xeral e especial así como en diversas categorías de persoal laboral desta comunidade autónoma e de conformidade co previsto no artigo 13 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, así como o artigo 20 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, cómpre a aprobación da oferta de emprego público do ano 2016 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e establecer os criterios en que se debe enmarcar esta oferta.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de febreiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1 Aprobación da oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no artigo 20 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, así como no artigo 13 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial e categorías de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 2016, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2 Cuantificación da oferta de emprego público

A oferta de emprego público 2016 inclúe as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso, especificándose as prazas no anexo I deste decreto. Así mesmo, inclúense no anexo II as prazas para cubrir polo sistema de promoción interna en convocatorias independentes das convocatorias ordinarias de novo ingreso.

As prazas de novo ingreso son con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2016.

Artigo 3 Criterios xerais de aplicación nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR