Crónica lexislativa de Galicia.Segundo semestre de 2018. 'Unha política lingüística de conmemoracións e perfíl baixo mínimos

AutorAlba Nogueira López
CargoProfesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas303-304
CRÓNICA LEXISLATIVA DE GALICIA
Segundo semestre de 2018
“Unha política lingüística de conmemoracións e perfíl baixo mínimos”
Alba Nogueira López
Resumo
O segundo semestre de 2018 non permite falar de ningún dato salientable na política lingüística galega. Ningunha lei,
decreto, nin plan no horizonte e tan só unha trepidante axenda de actos conmemorativos sen liñas directrices que lles
dea certa coherencia. Desde a perspectiva orzamentaria a asignación de Política Lingüística mantense en niveis baixos
sen experimentar cambios signicativos.
Palabras chave: parálise normativa; estancamento orzamentario; profusión de actos conmemorativos; Galicia; crónica
lexislativa.
LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA
Second half of 2018
“A rock-bottom language policy of commemorations”
Abstract
The second half of 2018 doesn’t allow to speak of any signicant data in the Galician language policy. No law, no
decree, no plan on the horizon and just a non-stop agenda of commemorative acts without guidelines that could provide
them with some consistency. From the budgetary perspective, the Linguistic Policy assignment remains at low levels
not experiencing signicant changes.
Keywords: regulatory paralysis; budgetary stagnation; profusion of commemorative acts; Galician; legislative reports.
* Alba Nogueira López, profesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela. alba.nogueira@usc.es
Citación recomendada: Nogueira López, Alba. (2019). Crónica lexislativa de Galicia. Segundo semestre de 2018. Revista de
Llengua i Dret, Journal of Language and Law, 71, 303-304. https://doi.org/10.2436/rld.i71.2019.3287
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Segundo semestre de 2018
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 71, 2019 304
1 Introdución
O segundo semestre de 2018 non permite falar de ningún dato salientable na política lingüística galega.
Ningunha lei, decreto, nin plan no horizonte e tan só unha trepidante axenda de actos conmemorativos sen
liñas directrices que lles dea certa coherencia. Desde a perspectiva orzamentaria a asignación de Política
Lingüística mantense en niveis baixos sen experimentar cambios signicativos.
2 Lexislación. Nada que contar
O Parlamento de Galicia, malia á maioría absoluta gubernamental que facilitaría o trámite parlamentar,
estivo todo o 2018 nunha situación de hibernación aprobando tan só a modicación dunha lei xa existente
e os dous proxectos ligados aos orzamentos para 2019. Ningunha delas con referencias á lingua, salvo as
previsións orzamentarias destinadas a esta nalidade. A Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 contén unha asignación para a normalización
Lingüística de 8.078.959 millóns de euros. Esta contía supón que nos últimos anos foi experimentando unha
lixeirísima suba, frente aos mínimos acadados nos anos da crise en torno aos 7 millóns de euros, mais moi
lonxe dos 21,5 millóns de euros en 2009.
Tampouco no ámbito regulamentario podemos atopar ningún texto normativo autonómico no ámbito da
lingua. Tan só unha Instrucción de 20 de setembro de 2018 (http://www.lingua.gal/c/document_library/get_
le?folderId=1647065&name=DLFE-18308.pdf), asinada conxuntamente polo Secretario Xeral de política
lingüística e o Director Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación Educativa, pola que se
regula a exención de lingua galega para os alumnos procedentes doutras comunidades autónomas ou do
extranxeiro que se incorporen ao sistema educativo de Galicia na FP básica e á validación do nivel de
coñecemento do galego (CELGA) para alumnado de FP que cursara determinadas materias. É ben paradóxico
que a única cuestión da que da conta o portelo da lingua galega (http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/
lexislacion) neste periodo sexa precisamente esta.
3 Axudas para a protección da lingua
Non houbo ningunha convocatoria salientable de axudas en materia de lingua no segundo semestre de 2018.
Únicamente a resolución de algunhas convocatorias realizadas no anterior semestre. En concreto publicáronse
a Resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non
universitarios (DOG 17.8.2018) e a das Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
(DOG 13.8.2018) http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/transparencia/axudas-e-subvencions

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR