Crònica legislativa de Galícia. Segon semestre de 2017

AutorAlba Nogueira López
CargoProfesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas268-271
CRÓNICA LEGISLATIVA DE GALICIA
Segundo semestre de 2017
«Galicia. Sen noticias, malas noticias
Alba Nogueira*
Resumo
O ano 2017 é un ano ermo de iniciativas. Ningunha medida lexislativa, orzamentos sen cambios, un organigrama
administrativo sen novidades despois do periodo electoral de 2016 e unha actividade centrada na xestión ordinaria de
convocatorias sen cambios. Os preocupantes datos coñecidos sobre a transmisión interxeracional do galego non son
contrarrestados con iniciativas desde o Goberno galego. Como único elemento novidoso pódese falar da Ordenanza de
uso da lingua galega da Deputación da Coruña.
Palabras clave: Inactividade normativa; xestión rotineira; orzamento estancado; ruptura da transmisión xeracional;
Ordenanza da Deputación da Coruña.
LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA
Abstract
2017 is a year empty of initiatives. No legislation, no changes in the public budget, an administrative structure with no
innovation after 2016 Galician elections and public activity focused in ordinary management of calls. The worrying
data on intergenerational transmission of Galician have not been counteracted with initiatives from the Galician
Government. The only good sign is the Ordinance for the use of Galician of the Deputación da Coruña.
Keywords: Legislative inactivity; ordinary policies; stagnated budget; generational transmission breakdown; Ordinance
of the Deputación da Coruña.
*Alba Nogueira López, profesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela, alba.nogueira@usc.es.
Citación recomendada: Nogueira López, Alba. «Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2017». Revista de Llengua i
Dret, Journal of Language and Law, núm. 69, (xuño 2018), p. 268-271. DOI: 10.2436/rld.i69.2018.3120.
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2017
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 69, 2018 269
Sumario
1 Mantemento do organigrama administrativo, atonía lexislativa e xestión rotineira do día a día
2 Sentenzas sobre o persoal que impartía os cursos CELGA que simbolizan a precariedade de medios da
protección da lingua
3 Ordenanza de uso do galego da Deputación de A Coruña
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2017
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 69, 2018 270
1 Mantemento do organigrama administrativo, atonía lexislativa e xestión rotineira do día
a día
A crónica de Galicia de 2017 é a da xestión rotineira sen iniciativas nin lexislativas, nin de planicación
destacables. A celebración de eleccións galegas no outono de 2016 xo que no inicio de 2017 dera os seus
primeiros pasos o novo goberno. Orgánicamente non supuxo cambios ningúns para a lingua. Mantense a
Secretaría Xeral de Política Lingüística integrada dentro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria e repite como titular de este órgano o mesmo responsable, polo que a parálise nas iniciativas
non pode achacarse á remuda nos órganos competentes como consecuencia dese periodo post-electoral.
En 2017 non pode sinalarse ningunha lei, decreto ou plan con relevancia para a protección ou impulso da
lingua galega. Non foi un ano especialmente prolíco desde o punto di vista normativa para o Parlamento
de Galicia, pero das poucas leis aprobadas ningunha ten interese desde a perspectiva lingüística. Polo que
respecta ás normas regulamentarias tampouco se pode salientar ningunha cun certo contido material. Tan só
cabe citar senllos decretos con estatutos de colexios profesionais, pero non por un elemento positivo senon
porque rachan co que viña sendo a práctica desde había anos nos estatutos de colexios profesionais de incluir
unha referencia á promoción do uso do galego entre os seus membros e un principio de non-discriminación
entre as dúas linguas ociais.1
O mesmo sucede na planicación lingüística. Non hai ningunha iniciativa novidosa que poida ser sinalada. O
Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 aprobado pouco antes das eleccións
de 20162 non experimentou avances no desenvolvemento das medidas que deseñaba para mellorar a presenza
do galego na industria, comercio, cooperativismo, banca e traballo.
Un camiño parecido parece seguir o reiteradamente anunciado, e aínda non presentado, Plan de dinamización
da lingua galega entre a mocidade.3 Existe un diagnóstico compartido sobre a necesidade de actuar para
mellorar a presenza e uso do galego entre a xente máis nova e a urxencia de tomar medidas. Non obstante,
nin no ámbito educativo, nin nos espazos de lecer e comunicación se adoptan medidas para reverter os
preocupantes datos sociolingüísticos. A Real Academia Galega vén de presentar os resultados do seu informe
Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-20164 no que se detectan dúas tendencias
aparentemente contraditorias: unha «mellora das competencias bilingües e, pola outra, unha ruptura da
transmisión interxeracional e uns usos decrecentes do galego por parte da poboación máis nova, especialmente
en contextos urbanos e periurbano». En apenas 20 anos hai unha perda de case 20 puntos na porcentaxe de
falantes nos tramos de idade máis novos, unha situación que obriga a reformular as políticas lingüísticas e a
accións claras.
Realmente en 2017 a actividade da Xunta de Galicia limitouse a darlle continuidade a programas de
subvencións, cursos e premios que teñen unha periodicidade anual sen case cambios nas condicións, programas
ou contías. Continuismo dunha acción rotineira de xestión ordinaria, sen espazo para novas iniciativas, nin
vocación de apoiar desde o goberno galego medidas que vaian máis alá da propaganda puntual ou unha
perspectiva culturalista (premios, xornadas, certames...).
Orzamentariamente tampouco hai cambios. O brusco descenso nos orzamentos autonómicos para a lingua,
experimentado desde que en 2009 chegou ao goberno Nuñez Feijóo (PP), mantense estable nunha cifra
entorno aos 7 millóns de euros, malia a subida da maioría das partidas nestes dous últimos exercicios.5
1 Decreto 47/2017, do 27 de abril, polo que se aproban os estatutos e a modicación da denominación do Colexio Ocial de
Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia por Colexio Ocial de Traballo Social de Galicia (DOG de 18 de
maio). Decreto 62/2017, do 22 de xuño, polo que se aproban os estatutos e a modicación da denominación do Colexio Ocial de
Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, por Colexio Ocial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia (DOG
12 de xullo).
2 http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/plans-e-actuacions/_/contido_0004/plan-dinamizacion-lingua-galega-tecido-
economico-2016-2020
3 https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/060093/feijoo-destaca-plan-dinamizacion-lingua-xuventude-para-promover-uso-galego-eido
https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/060093/feijoo-destaca-plan-dinamizacion-lingua-xuventude-para-promover-uso-galego-eido
4 https://academia.gal/documents/10157/704901/Lingua+e+sociedade+1992-2016
5 http://praza.gal/politica/13208/a-normalizacion-linguistica-e-a-area-de-xestion-da-xunta-que-mais-orzamento-perdeu-con-feijoo/
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=26952
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2017
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 69, 2018 271
2 Sentenzas sobre o persoal que impartía os cursos CELGA que simbolizan a precariedade
de medios da protección da lingua
Unha serie de sentenzas da orde laboral e algúns autos do Tribunal Supremo inadmitindo o recurso de
casación contra estas sentenzas presentados pola Xunta de Galicia simbolizan a (des)estruturación da política
lingüística da Xunta. Os docentes que viñan impartindo desde había moitos anos os cursos de aprendizaxe da
lingua galega nos seus distintos niveis reclamaron a súa estabilización xa que traballaban sen contrato, nin
alta na Seguridade Social.6
Desde que gañaron as primeiras sentenzas en xulgados do Social (posteriormente en 2015 esta litixiosidade
viuse conrmada ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigando á readmisión) a Xunta optou
inicialmente por reformular estes cursos CELGA e prescindir dos docentes. En 2017, como xa sucedera en
2016, varios Autos do Tribunal Supremo inadmiten os recursos de casación da Xunta de Galicia cos que
se pretendía levar ata o nal todas as vías para impedir a estabilización deste persoal (ATS 875/2017, ATS
476/2017, ATS 449/2017).
3 Ordenanza de uso do galego da Deputación de A Coruña
Despois da aprobación pola Deputación de Lugo da súa ordenanza lingüística en 2016, toma o relevo a
Deputación da Coruña en 2017.7 A tardanza en implementar e completar os mandatos da Lei 5/1988 de uso
do galego como lingua ocial dos entes locais é signicativa da parálise tamén neste ámbito.
A Ordenanza da Deputación da Coruña é aplicable tanto á propia administración provincial como aos
«organismos que dela dependen ou poidan depender no futuro –entes asociados, padroados, organismos
autónomos, sociedades, fundacións, centros de formación, museos, arquivos, bibliotecas» asi como «as
empresas adxudicatarias, concesionarias ou contratas cando actúan en función desa adxudicación, concesión
ou contrato, así como as de explotación mixta».
A ordenanza fai unha regulación completa e detallada dos usos lingüísticos da institución baixo o principio
de oferta positiva con carácter xeral en galego na comunicación, organización de actividades, atención ao
público, etc. A ordenanza regula o uso habitual do galego na contratación pública, nas subvencións, nos
documentos públicos, na publicidade e rotulación. Tamén prevé un papel activo da Deputación en relación coa
lingua galega na formación dos empregados públicos, o respecto da toponimia e a organización de actividades.
Desde o punto de vista organizativo a Unidade Técnica de Normalización Lingüística (UTNL) é a responsable
de impulsar a normalización da lingua, procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego no
ámbito provincial e coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza. As tarefas
que desenvolva esta UTNL deben congurarse en catro áreas: dinamización sociolingüística, formación
sociolingüística, asesoramento lingüístico, deseño dun programa de colaboración e axudas para a creación
de Servizos de Normalización Lingüística nos concellos da provincia e outras. Esta ambiciosa estrutura
requerirá sen dúbida un reforzo do cadro de persoal para poder cubrir as funcións encomendadas.
Tamén é preciso mencionar a énfase que pon a ordenanza en relación coa calidade lingüística cun mandato
para que nos textos administrativos sexan aplicados «criterios da linguaxe administrativa galega moderna,
procurando sempre a súa máxima calidade, democratización, personalización, claridade dos contidos
(modernización das formas, concisión e precisión, sinxeleza e ordenación) e uniformidade. Do mesmo modo,
usarase unha linguaxe democrática inclusiva».
http://www.prolingua.gal/voces/orzamentos-de-fomento-da-reducion-da-lingua-galega
6 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9356
http://praza.gal/politica/8818/o-tsxg-rexeita-o-recurso-da-xunta-e-declara-nulo-o-despedimento-do-profesorado-celga/
7 http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/09/29/2017_0000008145.pdf

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR