Crònica legislativa: Galícia

AutorAlba Nogueira López
CargoProfesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas459-466

Page 459

(Segon semestre de 2008)

Galicia: fin dunha lexislatura que abriu camiños de protección da lingua

1. Introducción

O ultimo semestre de 2008, co anuncio da convocatoria eleitoral ás portas, a actividade normativa foi bastante intensa no afán de pechar proxectos en marcha. Non obstante no terreo lingüístico esta produción lexislativa non foi especialmente abondosa e o contexto estivo marcado pola forte presión social realizada polo Partido Popular e grupos anti-galego en contra do Decreto do uso do galego no ensino e un retraimento evidente do goberno neste ámbito que non defendeu sequera a legalidade desta norma nin aproveitou as sentenzas xudiciais favorables. A presión exercida contra o Decreto de uso do galego no ensino pretendía conseguir a derrogación do Decreto e, tamén, da Lei de Normalización Lingüística de 1983 que impide a separación de alumnos por aulas ou centros en razón da súa lingua constituíndo un obstáculo para as pretensións de “liberdade lingüística” que formulan estes grupos.

Quedou ás portas da súa aprobación polo fin anticipado da lexislatura o proxecto de Lei de Comercio que pretendía establecer previsións lingüísticas en relación coa atención aos consumidores nos establecementos comerciais.

Se se exceptúa a Lei de Servizos Sociais, as referencias normativas deste período veñen presididas por un certo continuismo con semestres anteriores con pequenas previsións lingüísticas en normas de colexios profesionais, algunhas referencias en axudas con condicionado lingüístico e pouco máis.

2. Leis do Parlamento de Galicia: protección dos dereitos lingüísticos de usuarios de servizos e libre prestación

Tres leis do Parlamento de Galicia deste periodo deben ser obxecto de comentario con impresións contradictorias. No “sprint” final da lexislatura tramitáronse a Lei de Servizos Sociais, a Lei de Saude e a Lei de Turismo (ademais dou-Page 460tras leis nas que as previsións lingüísticas tiñan menos encaixe). Estas tres normas conceden un tratamento preferente á regulación dos dereitos dos usuarios dos respectivos servizos pero a cuestión lingüística tan só se atopa recollida na Lei de Servizos Sociais.

En efecto, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia1 no seu artigo 6º regula os dereitos das persoas en relación cos servizos sociais e prevé como un destes dereitos o do respecto dos dereitos lingüísticos desde un principio de oferta positiva en galego. É a primeira vez que aparece recollido nun texto legal galego este principio de oferta positiva como fórmula de establecer os usos lingüísticos dunha administración, neste caso do sistema galego de servizos sociais. Hai que ter en conta, ademáis, que conforman este sistema de servizos sociais tanto os de titularidade pública como os privados concertados ou acreditados pola administración, aos que sería aplicable o mesmo rexime lingüístico2.

Art. 6.3. Así mesmo, todas as persoas, en tanto que usuarias ou usuarios dos servizos sociais, terán os seguintes dereitos en relación co sistema galego de servizos sociais: m) Ao respecto dos dereitos lingüísticos das persoas usuarias, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento por parte do sistema galego de servizos sociais da súa actividade desde a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

Uns meses antes a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia3, nun ámbito de actuación moi semellante, no que se refire á relación cos cidadáns, no extenso catálogo de dereitos que enumeraba non facía referencias aos dereitos lingüísticos sendo este un ámbito no que nos últimos tempos ten habido queixas reiteradas por lesións dos dereitos lingüísticos dos cidadáns en procesos de atención sanitaria. Téñase en conta que a Lei de Saúde fai un relatorio exhaustivo de dereitos (art. 4-14 incluídos) nos que se adican tres artigos especificamente aos dereitos de información, reclamación e queixa e documentación sanitaria sen referencias á lingua.

Page 461

Tampouco a Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia4, probablemente inducida tamén pola percepción errada de que os turistas son estranxeiros, introduce previsións para proteger os dereitos lingüísticos dos galegofalantes ou facer visible na política de promoción turística a existencia dunha lingua propia. De feito, a única mención que se recolle parece vir inspirada pola vontade de expandir o coñecemento de linguas estranxeiras xa que ven ligado á profesionalización do sector:

Art. 1.i) O impulso da profesionalización do sector, coa mellora da formación dos recursos humanos; en particular, no uso das novas tecnoloxías e nas competencias lingüísticas.

Igualmente nos dereitos dos usuarios de servizos garántese o dereito a unha información comprensible pero non se prevé o dereito a recibila nas linguas cooficiais de Galicia.

Art. 11.1. Dereito de información.

a) A usuaria ou o usuario turístico ten dereito a recibir información comprensible, veraz, obxectiva e completa sobre as características e o prezo dos bens e servizos que se lle ofrecen antes de contratalos.

Cremos que no momento actual co proceso de liberalización do sector servizos que vai impulsar o Proyecto de Ley sobre el libre acceso a las actividades de servicios y su ejercicio (publicado no BOCG de 3 de abril) no que se pretende que as actividades incluídas no ámbito de aplicación desta norma —a maioría do sector servizos— poidan funcionar en todo o territorio comunitario sen máis trámites que a realización dunha declaración responsable ou comunicación ante as autoridades administrativas que prefira, é preciso reforzar as garantías lingüísticas aos consumidores de servizos.

É preciso sinalar que o proxecto de lei sinalado, que traspón ao ordenamento interno a coñecida como “Directiva Bolkestein”, non incorpora máis previsión lingüísticas que protexan aos usuarios de servizos ou aos establecementos que queiran implantarse que as de extensión da presenza das linguas comunitarias nas webs institucionais5. A regulación do artígo 19.2 en relación co fomentoPage 462 da presenza doutras linguas comunitarias debería verse completada coa obriga de que os puntos únicos de información e tramitación se convirtan en sedes electrónicas que posibiliten o acceso aos seus contidos e servizos nas linguas cooficiais. Pola vía de la simplificación de procedementos no poden verse socavados os dereitos lingüísticos dos cidadáns. Hai que ter en conta, ademais, que a propia Directiva comunitaria que é obxecto de transposición establece no seu artigo 1 un principio de respecto á “diversidade cultural e lingüística” que non se debe ver afectada polas medidas da Directiva nunha mención expresa que non se recolle, en cambio, no borrador de lei. Igualmente, deben establecerse previsións en canto á lingua de resposta das reclamacións dos usuarios (art. 23) que debe respectar o réximen lingüístico e os dereitos dos cidadáns neste aspecto.

3. Decretos e ordes autonómicos: policías locais e colexios profesionais

Desenvolvendo a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais6 apróbase o Decreto 243/2008, do 16 de outubro7. Este Decreto establece como unha das probas obrigatorias con carácter eliminatorio para o accesoPage 463 aos corpos municipais de policía o coñecemento do galego (art. 22) establecendo que: «art. 23. 5. A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideran máis adecuadas para tal comprobación. Esta proba cualificarase de cero a tres puntos, sendo preciso acadar un con cinco puntos como mínimo». Idénticas previsións se establecen para os corpos de «vixiantes municipais» e para as subescalas facultativas que poden crear os concellos coa finalidade de «desempeñar tarefas de cobertura e apoio ás funcións policiais, nas especialidades que se consideren oportunas».

Noutro terreo, o Decreto244/2008, do 9 de outubro, aproba os estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia8. Estes Estatutos seguen o camiño das últimas normas corporativas nas que se establece o galego como lingua propia dos colexios profesionais. Así o artigo 5º fixa «1. A lingua propia do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia é o galego. Xunto con esta será oficial tamén o castelán».

Tamén a Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense9 fai unha remisión á lexislación autonómica en materia de lingua para fixar os seus usos lingüísticos e, no seu caso, á lei de procedemento común (lembremos que Galicia non aprobou ningunha normativa en relación co uso do idioma nos procedementos administrativos).

Art. 3.4. O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense axustará ao previsto na lexislación autonómica de Galicia o uso do galego e, de ser o caso, ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curiosamente neste periodo unha Orde do 24 de outubro de 2008, pola que se modifica a do 4 de outubro de 2007, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xun-Page 464ta de Galicia (grupo D)10 establece a valoración do galego na fase de promoción interna cunha puntuación idéntica á de outras linguas comunitarias. Esa Orde ditada en execución dunha sentenza, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago, deixou en mans da Xunta a materialización das novas bases que debían na cursos de formación relacionados coa función a desempeñar e a valoración do traballo realizado. O Movemento pola Igualdade no Emprego Público (MIEP) pediu a rectificación da puntuación no que afecta ao idioma obxectando que «os cidadáns galegos teñen dereito a que se esixa e se estimule o dominio do galego por parte dos empregados públicos».

4. As axudas públicas á lingua e a convocatoria de cursos para galegos no exterior e emigrantes

Na liña indicada en comentarios anteriores, o mandato que introducía a Lei de Subvencións de Galicia de establecer como un dos criterios de concesión de axudas públicas o uso do galego, no último semestre atópanse algunhas convocatorias de subvencións con condicionado lingüístico.

Dentro das axudas con condicionado lingüístico a Consellaría de Traballo publicou senllas ordes que incorporan unha puntuación polo uso do galego. A Orde do 18 de setembro de 2008 pola que se convocan axudas para o apoio ás cooperativas e outras entidades de economía social de carácter non lucrativo para o ano 200811 establece:

Artigo 8º. Criterios de avaliación.:Para a concesión das axudas, teranse en conta os seguintes criterios de avaliación ordenados segundo a súa importancia:

10. Polo emprego da lingua galega na realización das actividades para as que solicita a axuda, ata un máximo de 12 puntos.

Pola súa parte a Orde do 14 de outubro de 2008 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais para o establecemento de plans de programación do tempo na cidade12 fixa:

Page 465

Artigo 8º. Criterios de valoración.:1. Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades peticionarias teranse en conta os seguintes aspectos:

h) Emprego do idioma galego: ata 5 puntos.

A Consellaría de Medio Rural introduce un “plus” nunca convocatoria de axudas para as actividades que impliquen a edición de documentos e se realicen en galego. A Orde do 5 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para 2009 as axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos13 establece:

Artigo 8º. Promoción do uso do galego.

No caso de solicitude de axuda para a edición de catálogos, folletos e publirreportaxes subvencionables, a consellería incrementará en 5.000 ? o importe do investimento máximo subvencionable establecido para estes conceptos cando a edición inclúa como idioma o galego e se cumpran o resto dos requisitos da convocatoria. Nese caso, o solicitante deberá indicar expresamente na súa solicitude o orzamento e características do material que editará con idioma galego.

No terreo das axudas dirixidas especificamente ao uso do galego hai que sinalar o Decreto 237/2008, do 16 de outubro, polo que se modifica o Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado14. A única modificación que se introduce é a inclusión no ámbito de aplicación desta norma á prensa gratuíta, un fenómeno que nestes últimos anos tivo certos auxe. Ábrese pois o abano de publicacións subvencionables ante a aparición dalgún xornal gratuíto escrito integramente en galego.

Unha iniciativa novidosa é a Resolución do 5 de setembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan Cursos de lingua galega na túa cidade15. Este programa tenPage 466 por obxecto «convocar cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga, para a súa realización nas cidades do exterior en que exista unha importante demanda no estudo e coñecemento da lingua galega». Poden solicitar a inscrición tanto os galegos residentes no exterior como calquera outra persoa interesada en coñecer a lingua galega. Nun anexo á norma convócanse cursos na cidade de Bos Aires e en Bonn.

----------

[1] www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/55791dd249a5d12ec125752200547ca8/$FILE/24500D001P006.PDF. DOG de 18 de decembro.

[2] «Art. 2.2. Integra o sistema galego de servizos sociais o conxunto de servizos, programas e prestacións, tanto de titularidade pública coma de titularidade privada, acreditados e concertados pola administración nos termos establecidos nesta lei.»

[3] www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9e98c0886eb4e675c125748f004b651a/$FILE/14300D001P006.PDF. DOG de 24 de xullo.

[4] DOG de 19 de decembro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/6ccaf91a94be1fe3c1257523005a64b8/$FILE/24600D001P006.PDF.

[5] En relación co uso das linguas propias o borrador debe incorporar o mandato da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos —coñecida como Lei de Administración electrónica— que establece na súa disposición adicional 6ª:

Disposición adicional sexta. Uso de Lenguas Oficiales.

1. Se garantizará el uso de las lenguas oficiales del Estado en las relaciones por medios electrónicos de los ciudadanos con las Administraciones Públicas, en los términos previstos en la Ley 30/1992, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común y en la normativa que en cada caso resulte de aplicación.

2. A estos efectos, las sedes electrónicas cuyo titular tenga competencia sobre territorios con régimen de cooficialidad lingüística posibilitarán el acceso a sus contenidos y servicios en las lenguas correspondientes.

3. Los sistemas y aplicaciones utilizados en la gestión electrónica de los procedimientos se adaptarán a lo dispuesto en cuanto al uso de lenguas cooficiales en el artículo 36 de la ley 30/1992, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común.

4. Cada Administración Pública afectada determinará el calendario para el cumplimiento progresivo de lo previsto en la presente disposición, debiendo garantizar su cumplimiento total en los plazos previstos en la disposición final tercera.

[6] Como se comentou no nº 49 de Llengua i Dret tanto a Lei 8/2007, do 13 de xuño, de Policía de Galicia (DOG de 22 de xuño) como a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG 3 de maio) introducen senllos preceptos mediante os que se establece como un principio básico de actuación da policía autonómica e da policía municipal a non-discriminación por razón de lingua (art. 9 e 7, respectivamente). A falta de respecto deste principio básico trae consigo a realización dunha falta moi grave por parte dos axentes das dúas policías segundo se regula nos artigos 82 e 79, respectivamente, das leis citadas.

[7] DOG de 30 de outubro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/2fc6474994c6112ec12574f100506db6/$FILE/21100D003P011.PDF.

[8] DOG de 3 de novembro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9878a52233a3a6cac12574f30064fe81/$FILE/21300D004P014.PDF.

[9] DOG de 16 de xaneiro. www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b 10d7/810bf4cd5d63e455c125753f00701ae7/$FILE/01100D003P028.PDF.

[10] DOG de 30 de outubro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e47a89f1f2afce19c12574f100506e9a/$FILE/21100D014P078.PDF.

[11] DOG de 9 de outubro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/76c06654495bf241c12574dc0051f4fc/$FILE/19600D012P069.PDF.

[12] DOG de 16 de outubro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/2976af8f3ccb8d51c12574e30046e9a1/$FILE/20100D011P029.PDF.

[13] DOG de 12 de decembro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/653ea513e4d27598c125751c0057212a/$FILE/24100D007P046.PDF.

[14] DOG de 28 de outubro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/32e30a81c7e77b1ec12574ef004aec9b/$FILE/20900D001P006.PDF.

[15] DOG de 15 de setembro. www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/8b5b18fa551b2b8dc12574c20045c0da/$FILE/17800D002P007.PDF.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR