A cooficialidade de linguas na Administración de Xustiza

AutorBieito Montero Prego - Carlos Varela García
CargoFíscais da Audiencia Provincial de Pontevedra
Páginas73-88

Page 73

O dereito ó uso dunha lingua falada e escrita por unha Comunidade Histórica, entendida esta como o espacio xeográfico onde se produce a competencia con outras linguas e que nace desde o momento en que se realiza o súa expresión oral, vén ser unha manifestación desde a perspectiva individual do dereito á liberada de de expresión, recoñecido no art. 20 ce, e que se constitúe en peza esencial da interlocución entre a cidadanía e o poder público.

Agora ben, se temos en conta que a lingua non soamente é un feito individual, senón tamén, e sobre todo, un feito colectivo propio dunha comunidade de cultura e resultado desa comunídade que o fala, debemos de chegar á conclusión de que tal dereito individual queda transmutado nun dereito subxectivo, que esixe por parte dos poderes públicos o seu recoñecemento e protección xurídica plena.

Pero esa liberdade presenta a mais unha ulterior faceta de ton reivindicativo concretada no dereito de prestación, polo que todo cidadadán desa comunidade pode esixir do poder establecido a prestación de servicios públicos no idioma recoñecido como coofícial, quedando obrigado ademais a establecelos mecanismos amparadores ante a eventual conculcación deste dereito.

O dereito comparado amósanos que a meirande aparte dos estados que acollen no seu seo distintas realidades lingüísticas ümítanse en primeira instancia a falar da súa oficialidade, pero sen facer referencia a concretos dereitos ou liberdades lingüísticas dos individuos, rexéndose ademais polo principio de territorialidade á hora de establecelo ámbito de aplicabilidaPage 74de de cada unha delas. Así, o art, 170 da antiga república iugoslava establecía: TódoJos cidadáns teñen garantida a liberdade de manifestala súa cuJtura nacional e a liberdade de empregala lingua ou a escrita (desa nacionalidade).

Pola súa parte a Constitución Belga do 1871 determinou: o emprego das linguas usadas en Bélxica é facultativo; só pode ser regulado pola lei, e iso exclusivamente para os actos da autoridade pública e os asuntos xudiciais. Os conflictos sociais de raíz lingüística, xerados a partir de 1900 ata 1932, deron Jugar á lexislación do 1932, de carácter marcadamente terrítorialista, que se inspira en rexións monolingüísticas con fronteiras terrítoriais lingüísticas mutables segundo censos decenais, distribuíndo o Estado nas rexións valona (francófona), flamenca (de fala neerlandesa), os municipios de fala alemana e a chamada aglomeración de Bruxelas, bilingüe, establecéndose unha inmutabilidade das fronteiras lingüísticas como garantía da eliminación de conflictos.

Na mesma liña, a Constitución Federal Suíza considera como linguas da Confederación o francés, alemán, italiano e retorrománico, se ben só as tres primeiras son oficiais, o que supón que só as leis e decretos máis importantes son traducidos á lingua non oficial, e que esta non pode ser utilizada nas relacións coas autoridades federais. O sistema lingüístico, o mesmo que nos casos anteriores, é territorialista e o Tribunal Federal Suízo reputouno como garante da paz Iingüística que existe na confederación,

Os tres casos examinados non deixan de ser excepcionais no Dereito Comparado xa que o normal é que o feito lingüístico sexa tratado polas Constitucións dunha maneíra en certa medida ambigua, o que adoíta ser reflexo de situacións consensuadas de equilibrio, entre as forzas políticas que protagonizan o pacto constitucional.

Esta ambigüidade no Texto Fundamencal crea moitos conflictos que obrigan á xustiza constitucional a pronunciarse sobre a natureza, extensión, contidos e garantías das liberdades lingüísticas; xerando en non poucos casos auténticas interpretacións creatias como a que levou ó Tribunal Xeral de Suíza en S. do 31 de marzo do 1965 a cubrilo baleiro constitucional índuíndo ós dereitos lingüísticos dentro das liberdades constitucíonais non escritas.

As liñas mestras do modelo lingiiístico da Constitución Española do 1978, contéñense no art. 3 da mesma, que di:

  1. O castelán é a lingua española oficiaJ do Estado. Tódolos españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar.

  2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

    Page 75

  3. A riqueza das distintas modalidades lingüístícas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

    A redacción deste precepto estimulou as sensibilidades nacionalistas que viron que o tratamento dunha lingua como fenómeno ou patrimonio cultural implica afastalo da súa consideración como patrimonio real, político e social e que a expresión obxecto de especial respecto e protección ten unha filosofía de fondo, de corte paternalista, con aquilo ó que non se Ue ve futuro, colocándoo nun mesmo plano cós museos, grandes edificios ou restos arqueolóxicos.

    Unha mostra do primeiro sería para esta posición ideolóxica o art. 148 ce que ó enumeralas competencias das Comunidades Autónomas se refiere a ...o fomento do desenvolvemento económico da Comunidade Autónoma dentro dos obxectivos marcados pola política económica nacional, a artesanía, museos, bibliotecas, conservatorios de música, patrimonio monumental, fomento da cultura e, no seu caso, da ensinanza da lingua da Comunidade Autónoma. As linguas nacionais distintas do castelán quedarían así convertidas en meros elementos folclóricos e cukuralistas, teses que aboarían ademais do art. 3/3, o preámbulo cuarto e os arts. 46, 149128.° e 1492 (en canto vehículo de comunicación cultural).

    Agora ben, desde o punto de vista e perspectiva da análise xurídica, resulta obrigado facer unha eséxese do art. 3 ce a través da que poidamos desvelala mens legislatoris e tratar de derívar esta cara á regra pro libertate e principio de igualdade (art. 14 ce) como elementos inspiradores da coofidalidade.

    Así debe precisarse, previamente, o concepto de oficialidade. No fundamento xurídico segundo da stc 82/1986 dise:

    É ofícial unha lingua, independentemente da súa realidade e peso como fenómeno social, cando é recoñecida polos poderes públicos como medio normal de comunicadón en e entre eles e na súa relación cos suxeitos privados, coa plena validez e efectos xurídicos.

    Desta maneira veuse a corrixila interpretación dada pola sts, Sala 4." do 25 de abril de 1984 que entendeu que o art. 3 da ce é de aplicación directa e, en consecuencia, a lingua dunha Comunidade Autónoma era oficial mesmo antes da promulgadón do Estatuto de Autonomía.

    Consecuenda do anterior e do art. 3, en canto que as demais linguas españolas serán tamén ofidais nas respectivas Comunidades Autónomas séguese... que a consecuente coofidalidade o é con respecto a tódolos poderes públicos radicados no territorio autonómico, sen exclusión dos órganos dependentes da Administradón Central e doutras institucións estatais enPage 76sentido estricto, sendo, por tanto, o criterio delimitador da oficialidade do castelán e da cooficialidade doutras linguas españolas, o territorio, independentemente do carácter estatal, (en sentido estricto) autonómico ou local dos distintos poderes públicos polo que... Nos territorios dotados dun estatuto de cooficialidade lingüístka, o uso polos particulares de calquera lingua oficial ten efectivamente plena validez xurídica nas relacións que manteñan con calquera poder público radicado no dito territorio, sendo o dereito das persoas ó uso dunha lingua oficial, un dereito fundado na Constitución e no respectivo Estatuto de Autonomía.

    Desde esta perspectiva, a oficialidade non é outra cousa ca un compromisodeber públicoinstitucional tanto para desenvolvela comunicación cos cidadáns na lingua propia cooficial, canto para asegurala igualdade de ambas linguas e as liberdades lingüísticas dos cidadáns nas súas relacións cos poderes púbíicos.

    Na interpretación do art. 31 vense salientando que só respecto do castelán se establece, constítucionalmente, o deber de o coñecer, ademais do dereito de a usar. Con relación ás demais linguas oficiais, establécese unicamente o dereito de as usar; pero en ningún caso o deber de as coñecer.

    Neste sentído, a pretensión do art. 12 da Lei 3/1983 do 15 de xuño do Parlamento de Galicia, de Normalizadón Lingüística, de establecer unha obrigación semellante respecto da lingua galega, motivou a stc 84/1986 do 26 de xuño, en que se declarou a inconstitucionalidade do inciso o deber de a coñecer, referido a aquela Jingua.

    Un sector doutrinal vén entendendo que o termo deber que aquí se emprega, non é máis ca unha recomendación moral dirixida con carácter xeral ós cidadáns ou suxeitos da norma constitucional que non pode revestiIa forma dunha esixibilidade inmediata, non pasando de constituír unha mera referencia ós criterios básicos cos que se organizou o conxunto de relacións xurídicas que conforman a Constitución.

    Trataríase, en defínitíva, para José Luis Rodríguez Pardo, da formulación dun concepto metaxurídico, semellante ós contidos nos artigos:

    301: (que establece para os españois, o dereito e o deber de defender España.)

    351: tódolos españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo.1492 que predica ese deber respecto da Administración a quen se Ile impón como deber e atribución esencial o servicio á cultura.

    Ó non derivarse en todos estes supostos unha norma específica que concrete nunha obrigación esixible tal deber, mesmo pola vía de sancionador, ponse en evidencia o carácter moral ou metaxurídico dos supostos

    Esta posición doutrinal quedaría avalada pola stc do 25 maio de 1987, que vén a establecer unha presunción iuristantum.

    Certamente, o deber dos españois de coñecelo castelán fai supoñer que ese coñecemento existe na realidade, pero tal presuncíón queda desvirtuada cando o detido ou preso alega verosimilmente a súa ignorancia ou coñecemento insuficiente ou esta circunstancia se pon de manifesto no transcurso das actuacións policiais.

    Esta aparente prioridade do idioma castelán foi matizada por algúns tratadistas, que concretaron a obrigación constitudonal nos seguintes puntos:

  4. Non se trata tanto do deber de usala lingua castelá, senón de chegar a sabela como resultado dun proceso de aprendizaxe.

  5. O anterior comporta a necesidade de que o castelán figure nos Planos de Estudios das Comunidades Autónomas.

  6. Entendendo o deber de coñecer como deber de entender implicaría a imposibilidade de ignoralas disposicións ou resolucións publicadas soamente en castelán.

    Esta interpretación sería máis axustada e conciliable co principio de liberdade ou dereito e elección idiomática do cidadán nos territorios con dobre oficialidade Hngüística, xa que doutra maneira se poderían producilas consecuencias apuntadas por Cobreros Mendazona. Unha intelección desviada da obrigación de coñeceraento do castelán pode levar a que os poderes públicos non se adapten ás esixencias da dobre ofícialidade e continúen, animados pola forza da inercia, polos mesmos campos e do mesmo modo como se nada ocorrese trala promulgación dos Estatutos das respectivas Autonomías.

    Do dito anteriormente dedúcese, a modo de resumo, que o art. 3 da Constitución sanciona no seu apartado primeiro a oficialidade do castelán como. lingua oficial do Estado. No seu apartado segundo a través da técnica xurídica do reenvío, a posibilidade de que as Comunidades Autónomas recoñezan nos seus respectivos Estatutos a oficialidade das linguas españolas distintas do castelán. Declarada estatutariamente a oficialidade da outra lingua, xorde un espacio de cooficialidade lingüística. Finalmente o apartado 3, como expresión do principio de igualdade substancial recoñecido no art. 92 da ce, proxéctase no total espacio lingüístico sen distinción.

    As ccaa, ás que se lie recoñeceu outra lingua oficial xunto ó castelán son as de Galicia, Cataluña, Euscadi, Baleares, Navarra e Valenda; admiPage 78tíndose certas peculiaridades lingüísticas, sen declaración de ofidalidade en Asturias, Aragón e Val de Arán.

    Recentemente, o Parlamento Europeo veu recoñecelo idioma galego como idioma comunitario en reunión celebrada a finais de marzo do 1993, nos mesmos termos que fíxera coa lingua catalana en Resolución do 11 de decembro de 1990.

Principio de igualdade e dereitos lingüísticos

A doutrina de igualdade de trato arrinca da vella idea aristotélica de que tan inxusto é tratar situacíóns iguais de forma desigual coma tratar situacións distintas de forma igual, Este principio aplicado en materia lingüística, obriga a ter presentes dous conceptos relacionados: o de precisalo que se entende por lingua vernácula e o de diglosia.

A unesco sinaiou que a lingua vernácula é a lingua materna dun grupo dominado socialmente por outro que fala unha lingua diferente. Puntualizando que «non é vernácula a lingua dunha mínoría dun país cando é a lingua oficial doutro».

De conformidade con esta definición do Organismo Internacional, podemos considerar que, salvo o castelán, tódalas demais línguas poden considerarse como vernáculas. Segundo J. Ventur as linguas e culturas das nacións sen Estado están sometidas á presión doutra NaciónEstado.

En relación coa segunda cuestión, os sociolingüistas veñen distinguindo dous conceptos: bilingüismo e diglosía. Segundo J. A. Fishman, o biIingüismo fai referencia ó comportamento lingüístico individual; a diglosia corresponde a un tipo de organización lingüística a nivel sociocultural. O bilingüismo afecta así á persoa, individualmente considerada. A díglosia, segundo Ninyoles, esténdese a aquela situación en que se produce unha superposicíón lingüfstica entre unha variedade idiomática que chama alta e que se utiliza en comunicacións formais (actos oficiais, literatura, relixión, ensino, etc.) e unha variedade idiomática baixa, pouco cultivada, que se usa, en cambio, nas conversacións coloquiais de carácter informal ou familiar.

Desta maneira pódese concluír que só os individuos, en canto suxeitos, poden considerarse bilingües; pero o concepto adecuado a nivel social é o de diglosia; os individuos son bilingiies, as sociedades diglósicas.

A formulación constitucional do principio de igualdade realízase a través dos arts. 92 (igualdade substancial) e 14 (igualdade formal) incide, pois, o primeiro sobre o segundo ó establecela ígualdade substancial polaPage 79que os poderes públicos se converten en destinatarios da norma imperativa, segundo a cal lles corresponde intervir na sociedade coa finalidade de realizala liberdade e a igualdade de maneira efectiva, para o cal deberán adoptalas medidas pertinentes co obxecto de superar tódolos obstáculos que se opoñan ou empecen a realidade do deseño constitucionai.

Esta construcción xurídica, igualdade formal e material, de dereito e de feito, non é unha categoría abstracta, senón unha técnica xurídica concreta, aplicable ó normal desenvolvemento da vida xurídica.

Tendo en conta as anteriores precisións conceptuais, o principio de igualdade en materia lingüística foi obxecto de aplicación e interpretación polo ts en S. do 16 de decembro de 1985 ó dicir:

Que a esixencia do compromiso de acreditalo coñecemento do catalán non infrinxe o principio de igualdade cando tal esixencia se itnpón a profesores de exb e Preescolar (en Cataluña), xa que non se trata dunha diferencia discriminatoria e caprichosa, senón que é razoadamente motivada e proporcíonada á función de docencia que están chamados a desempeñalos destinatarios, e que constitúe o desenvolvemento do art. 3, parágrafos 2 e 3 da Constitución como froito do enunciado respecto á protección das modalidades lingüísticas de España...

Nos mesmos termos a stc do 2 de xullo de 1981 precisou: No exame da igualdade ha de determinarse se a diferencia está desprovista dunha xustificación obxectiva e razoable, o que debe apreciarse en relación á finalidade e efectos da medida considerada, debendo darse unha relación razoable de proporcionalidade entre os medios empregados e a finalidade perseguida.

A non discrimación por razón de lingua, no sentido da igualdade formal, vén amparado no art. 14 da ce, que di literalmente:

Os españois son íguais ante a lei, sen que poida prevalecer ningunha discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou círcunstanda persoal e social.

A pesar de que este precepto non aluda expresamente a aquela entre os motivos que menciona, tal interpretación pode facerse a partir do art. 10.2, ó sinalar que:

As normas relativas ós dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece, interpretaranse de conformidade coa DeclaraciónPage 80Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionaís sobre as mesmas materias ratíficados por España

Tanto o art. 26 do Pacto Intemacional de Dereitos Civís e Políticos coma o art. 14 do Convenio Europeo de Dereitos humanos, ambos ratificados por España, acadando no noso ordenamento xurídico un valor supralegal e cuasiconstitucional, mencionan a lingua como motivo de non discriminación.

Pola súa banda, o art. 5.4 do Estatuto de Autonomía de GaJicia dispón que «ninguén poderá ser discrimínado por razón de lingua», artigo que ten a súa correspondencia no 8.2 do Estatuto de Autonomía de Cataluña e no 6.3 do Estatuto de Euzadi.

Declaracións a prol do principio de igualdade real, fronte á puramente formal tamén se produciron pola Corte Permanente Internacional de Xustiza nun importante dictame de 1935. O goberno de Albania propúxose suprimilas escolas privadas, tanto as de ensino en albanés coma aquelas que se servían da lingua minoritaria grega; esta minoría considerou que con iso se producía unha violación do prindpio de igualdade, dado que o albanés era a única lingua utilizada no sector público do ensino. A Corte no dictame aludido declarou que:

A igualdade de feito oponse á igualdade puramente formal, sendo, por tanto, necesario outorgar un trato distinto á maioría e á minoría, dado que as súas condicíóns e necesidades non son idénticas (...) non cabe falar de iguladade real entre a maoíoría e a minoría se a esta a privan das súas institucións e se lle obriga en consecuencia a renundar ó que constitúe a esencia mesma da súa vida como minoría.

A stc do 30 de marzo de 1981, partindo da idea doutrinal de que o art. 14 da Constitución española constitúe un enunciado aberto, un numerus apertus, en canto ás posibles causas de discriminación, alude (relator F. Tomás y Valiente) a «causas de discriminación explícita ou xenericamente incluídas no art. 14 da Constitución». A número 49/83 do 1 de xuño (relator Pera Verdaguer), refírese á «ampla fórmula xeneralizadora» coa que o precepto remata.

O Tríbunal Europeo de Dereitos Hutnanos, cunha doutrina que acada singular relevancia xurídica, por vía do art. 10.2. da Constitución, antes referido, en sentencia do 23 de xuUo de 1968 (verbo de determinados aspectos do réxime lingüístico do ensino en Bélxica) sinala:

Page 81

Segundo o art. 14 do Convenio, o goce dos dereitos e liberdades recoñecidos naquel debe ser asegurado sen ningunha distinción, por razón, entre outras, de lingua...

En conclusión, toda esta doutrina debe entenderse incluída dentro das circunstancias do art. 14, no sentido de que a lingua ou os dereitos lingüísticos non poden constituírse, por tanto, en causa de discriminación ante a lei e en aplicación da lei. O que nos territorios en que existe unha lingua de seu ademais do castelán significa, en palabras de García Ramos:

  1. A situación de equiparación de ambas linguas, como se deduce da expresión «tamén» do art. 3.2 e do seu carácter oficial.

  2. A da súa respectiva autonomía en canto que cada unha das linguas é ofidal por si mesma.

  3. A da súa indivisibilidade, en canto que cada unha das linguas é oficial en todo o territorio da Comunidade Autónoma e en tódolos ámbitos de actuación posible, sen exclusión.

O dereito á información nas linguas propias das comunidades autónomas

A cooficialidade das linguas propias das Comunidades autónomas coa lingua castelá, a oficial do Estado, determina de seu a igualdade destas como vehículo de relación dos cidadáns cos poderes públicos.

O dereito á liberdade de expresión e información aparece recoñecido como dereito fundamental no art. 20 da ce, que estable no n.° 3 que:

A lei regulará a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e garantirá o acceso ós ditos medios dos grupos sociais e políticos significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de España

Sobre a base deste precepto, as leis básicas de normalización lingüística do éuscaro, lei 10/1982 do 24 de novembro; do catalán, lei 7/1983 do 18 de abril; do galego, lei 3/1983 do 15 de xuño, e do valenciano, lei 4/1983 do 23 de novembro, recoñeceron dun xeito ou doutro o dereito á información nas súas linguas correspondentes.

Previamente a toda a regulación legal, cómpre dicir que o uso do idioma materno é un ius nativum que se extrapola ó eido xurídico como un de-Page 82reito natural; a £ala xera o dereito a comunicarse e cando queda construída a mensaxe, o dereito á comunicación transfórmase información ou dereito á mensaxe difundida.

O art. 20 recoñece e protexe un dereito con carácter universal. A necesidade de que o dereíto á información na lingua propia sexa recoñecido para as comunidades diglósicas e para os españois bilingües derívase de que, como sinala Desantes Guanter, «o home que fala, escribe ou le nun idiotna en que pensa está sometido a un continuo proceso de traducción, directa ou inversa, que reduce o seu campo de expresión e comprensión», segundo a unesco «a lingua, especialmente a que se aprende na infancia, constitúe unha característica cultural herdada, que forma parte dos hábitos do home.»

O dereito á informacíón para que sexa plenamente eficaz, esixe que as mensaxes se poñan no xeito da fala de cada persoa, xa que como recolle Vossler K. «cada pobo posúe no seu idioma unha propia concepción do mundo, ou por mellor dicir, cada pobo desenvolve as súas posibilidades ideolóxicas dentro da súa lingua e é mediante a súa lingua como os pobos manifestan as súas peculiaridades en parentesco e intercambios vivos, pois dentro da lingua autóctona respira unha especie de destino, unha calada tendencia e unha leve inclinación a pensar deste ou daqueloutro xeito.»

A comunídade que non utiliza na súa comunicación interna a súa propia lingua, dinos Desantes Guarner, descomponse, perde a súa ligame comunitaria e tamén a súa cohesión social.

A universalidade do dereito á información do art. 19 da Declaración de Dereitos Humanos da onu de 1948 e do art. 20 da Constitución española, esixen non só protexela exptesión individual, senón tamén a lingua común do grupo humano, de tal xeito que a eficacia do dereito á información se produza no propio idioma en que os cidadáns pensan; só así se poderá falar de dereitos e liberdades lingüísticas ó abeiro do art. 3 da ce, e de que o dereito do art. 20 inclúe a esixencia da comunicadón na propia língua, dentro das variedades lingüísticas de España.

Ás linguas propias das comunidades autónomas perante a administración de xustiza

O réxime de coofícialidade lingüística establecido polo art. 3 da Constitución para as Comunidades autónomas con lingua oficial de seu ademais do castelán, suxeita á competencia idiomátíca esixible ós funcionarios públicos (do Estado, autonótnicos e locais) que exercen a súa actividade no dito territorío.

Page 83

Como saJienta Prieto de Pedro J. «para que as institucións públicas radicadas nas Comunidade autónomas poidan garantir nas relacións cos cidadáns o uso oficial das Hnguas vernáculas, será necesario que previamente acrediten coñecelas os seus funcionarios.»

No caso concreto da Administración de Xustiza, a Lei Orgánica do Poder Xudicial partindo do marco constitucional e autonómicoestatutario xa exposto, desenvolve o réxime de coofícialidade no art. 231 ó dicin

En tódalas actuacións xudiciais os xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios e demais funcionarios de Xulgados e Tribunal poderán facer uso tamén da lingua propia oficial da Comnidade autónoma, se ningunha das partes se opuxese alegando que o seu descoñecemento lle pode producir indefensión

.

As partes, os seus representantes e quen os dirixan, así como as testemuñas e peritos, poderán utiJizala lingua que sexa tamén oficial na Comunidade autónoma, onde se verifiquen as actuacións xudiciais, tanto en manifestacións orais coma escritas.

As actuacións xudiciais realizadas e os documentos presentados no idioma oficial dunha comunidade autónoma terán, sen necesidade de traducción ó castelán, plena validez e eficacia. De oficio procederase á súa traducción cando deban producir efectos fóra da xurisdicción dos órganos xurisdiccío nais situados na Comunidade autónoma, agás, se neste último caso, se trata de Comunidades autónomas con lingua oficial de seu coincidente, ou por mandato do xuíz ou a instancia de parte que alegue indefensión.

Nas actuacións orais, o xuíz ou Tribunal poderá habüitar como intérprete a calquera persoa coñecedora da lingua empregada, tralo xuramento previo ou promesa daquela.

Do anterior, derívanse as consecuencias:

  1. Os poderes públicos, entre eles o Poder Xudicial, poden expresarse, en plano de igualdade, en calquera idioma oficial.

  2. Os cidadáns, a quen corresponde o dereito de elección idiomática, poderán expresarse en calquera das linguas oficiais, sen que iso poida ocasionar trato discriminatorio ou indefensión.

  3. As actuacións, manifestacións e documentos presentados, feitas en calquera das linguas oficiais, non deberán estar acompañados de traducción, agás:

    1. Cando tales actuacións deban producir efecto fóra do ámbito territorial da Comunidade autónoma.

      Page 84

    2. Cando a parte alegue descoñecemento ou incomprensión de xeito tal que poida producir indefensión.

  4. O cidadán español que non comprenda ou non fale o castelán, ó igual có estranxeiro que se atope nesa circunstancia, ten o dereito a ser asistido por intérprete. (sts 74/78 do 25 de maio).

    Finalmente, o art. 9 da Lei de Normalización lingüística do éuscaro 10/82 do 24 de novembro recoñece o dereito de todo cidadán no territorio éuscaro, a facer uso da lingua oficial da súa elección nas súas eleccións coa Administración de Xustiza, sen que se lle poida esixir ningunha traducción e, por ende, a plena validez dos escritos e documentos presentados en éuscaro, así como das actuacións xudiciais.

    No número 3 deste artigo, encomenda ó Goberno éuscaro o deber de promover «de acordo cos órganos correspondentes, a normalización do uso do éuscaro na Administración de Xustiza en Euscadí».

    Pola súa banda, a Lei do Parlamento de Galicia 3/8, no art. 2, refírese á «normaüzación progresiva do uso do galego na Administración de Xustiza, que a Xunta de Galicia promoverá de acordo cos órganos correspondentes.»

A Protección xurídica dos dereitos lingüísticos

Como vimos, a Constitución española de 1978 regula o uso do castelán e as demais Iinguas autonómicas no seu art. 3, establecendo un réxime de cooficialidade lingüística que foi obxecto dun desenvolvemenco posterior polos respectivos estatutos de autonomía.

Sen embargo, non inclúe os dereitos lingüísticos dentro do círculo de ténicas xurídicas de protección superior dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas dos arts. 53 e 81 da mesma (reserva de lei orgánica, procedemento sumario e recurso de amparo), xa que o art. 3 non se encontra dentro dos preceptos acredores a este sistema de garantías, que alcanza unicamente ós dereitos fundamentais e ás liberdades públicas comprendidas entre os art. 14 e 29 da ce.

Non obstante, como sinala Prieto de Pedro J., na práctica dos dereitos derivados do art. 3 da ce, adoitan gozar, con relativa facüidade, de chaves prestadas para obrila porta de acceso ó sistema superior de garantías xurisdiccionais antes referido. En efecto, hai moitos casos en que o conflicto lingüístico se presenta como un problema de igualdade, outros en que a liberdade da lingua aparece asociada a outros dereitos fundamentais como aPage 85educación (caso contemplado pola sts do 21 de abril de 1980, nun recurso tramitado polo procedemtno especíal da lei 62/1978 do 26 de decembro de Protección Xurisdiccional dos Dereitos Fundamentais da Persoa, onde a lingua aparecía como condidón para o exercicio da educación) e outros casos, en que aparece ligado á liberdade de expresión coa súa varíante de creación líteraria, liberdades si incluídas no ámbito protector superior dos art. 53 e 81 da Constitución española.

Se a isto engadimos a consideración de anunciado aberto, na relación nominativa das causas de discriminación recollidas no art. 14 da Constitución española, non cabe dúbida de que, en boa lóxica, deberán incluírse dentro das circunstancias do art. 14, a lingua e os dereitos lingüísticos, como foi recoñecido pola xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, ó interpretar o art. 14 do Convenio de Dereitos Humanos, a do Tribunal Constitucional ó interpretalo art. 14 da Constitución española, e o propio Tribunal Supremo.

A consecuencia de todo iso é o reenvío ás técnicas de protección do art. 53 da Constitución española, no suposto de vulneradón de dereitos lingüísticos:

Calquera cidadán poderá solicitala tutela das liberdades e dereitos recoñecidos no art. 14 e a sección primeira do capítulo segundo ante os tribunais ordinarios, por un procedemtno baseado nos principios de preferencia e sumariedade e, se é o caso, a través do recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional...

Tendo en conta que a Constitución non só é un sistema de normas, senón, sobre todo, un sistema de valores entre os que salientan a liberdade, o pluralismo político, a igualdade e a xustiza, a conculcadón do dereito ó uso da lingua propia pode vir Iigada á vulneración de dereitos fundamentais por vía de:

  1. Discriminación e conculcación do principio de igualdade: prohibido polos arts. 9.2,10.2 e 14 da ce.

    art. 2 da Declaración Universal de Dereitos Humanos.

    art. 14 Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais (Roma 4 de novembro de 1950, ratificado por España o 26 de setembro de 1979).

    O goce dos dereitos e liberdades recoñecidos neste convenio debe ser asegurado sen ningunha distinción, especialmente por razóns de sexo, raza, color, lingua, relixión, opinións políticas ou outras, orixe nadonal ou social, pertenza a unha minoría nacional, fortuna, nacemento ou calquera outra situadón.

    Page 86

    art. 26 e 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos do 19 de decembro de 1966 (ratificado o 13 de abril de 1977)

    art. 26: «Tódalas persoas son iguais ante a lei e teñen dereito sen discriminación a igual protección da lei. A este respecto, a lei prohibirá toda discriminación e garantirá a tódalas personas protección igual e efectiva contra calquera discriminación por motivos de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinións políticas ou de calquera índole, orde nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición social.»

    art. 27: «Nos estados en que existan minorías étnicas, relixiosas ou lingüísticas, non se negará a persoas que pertenzan ás ditas minorías o dereito que lles corresponde, en común cos demais membros do seu grupo, a tela súa propia vida cultural, a profesala súa propia relixión e a empregalo seu propio idioma.»

  2. Dereito á información e Iiberdade de expresión. (art. 20 ce).

  3. Dereito á educación ou liberdade de creación literaria (art. 20 ce).

    A circular 7/1978 da Fiscalía Xeral do Estado, despois de lembralo parágrafo da Gaudium et Spes: «Toda forma de discriminación, xa sexa social ou cultural nos dereitos fundamentais da persoa, por sexo, raza, color, condición social, lingua ou relixión, debe ser superada e rexeitada como contraria ós designios de Deus», sinalou que corresponde ó Mínisterio público exercitalas accións penais procedentes, co fin de restauralo deteito conculcado e perseguilos infractores e, se é o caso, o exercicio das accións ou recursos a que poida dar lugar o desenvolvemento lexislativo dos arts. 53 e 162.

    A posterior publicacíón da lei 62/1978 do 26 de decembro sobre Proteccióh Xurisdiccional dos Dereitos Fundamentais da Persoa veu concretala posibilidade de defensa dos dereitos lingüísticos a través das garantías nela establecidos: civil, penal e contenciosoadministrativa, e que deu lugar á circular da Fiscalía xeral do Estado n.° 2/1979, onde se explica o xeito de actuar que debe observalo Ministerio fiscal en cada un destes procedementos coa finalidade de atender, nas correspondentes esferas xurisdiccionais, á tutela dos Dereitos Fundamentais da Persoa.

    Así, segundo a citada circular, a garantía contenciosoadministrativa protexe os dereitos fundamentais da persoa, contra os actos da Administración pública suxeita ó dereito administrativo, conforme ás disposicións da lei daquela xurisdicción, acomodada ás normas especiais de procedemento que na lei 62/78 se desenvolven.

    A garantía civil ten por finalidade a tutela dos dereitos fundamentais da persoa, tanto nos supostos de reclamacións por lesión ou descoñecementoPage 87dos mesmos coma nos da impugnación das pretensións relativas ós ditos dereitos,

    Neste proceso, o Ministerio fiscal é sempre parte e está lexitimado activamente, igual cás persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dun dereito suxeito que as faculte para obtela dedaradón xudicial pretendida. Por último, a garantía penal refírese ós ddictos e faltas cometidos contra os dereitos fundamentais da persoa, comprendidos no ámbito de aplicadón da Lei 62/78.

    Se ben é certo que con esta Lei non se protexen tódolos dereitos fundamentais da persoa, senón só os comprendidos no apartado dous do seu artigo prímeiro, sen prexuízo dos que poidan ser incorporados posteriormente e no prazo sinalado, na súa disposición ftnal, non cabe dúbida, como xa antes expresamos, que o conflicto lingüístíco pode vir asociado a outro dereito fundamental, p.e. educadón, liberdade de cátedra ou liberdade de expresión, que si serían acredores a este sistema de protecdón.

A protección penal dos dereitos lingüísticos

A circular 2/79 da Fiscalía Xeral do Estado, sen ánimo de dar unha lista exhaustiva, enumerou os delictos que por atentar contra dereitos fundamentais contemplados no ámbito da Lei 62/78 do 26 de decembro, deberían ser obxecto de axuizamento a través da normativa desta Lei, sinalando especificamente a protección da liberdade de expresión e as coacdóns do art. 496 do Código Penal.

Partindo da idea de que o dereito ó uso dunha linngua falada e escrita nunha Comunidade Autónoma, onde rexe o prindpio de cooficialidade lingüística, non é mais ca unha manifestadón na esfera individual do dereito á liberdade de expresión, tal como sostén Desantes Guanter José M, e Prieto de Pedro J. poderiamos pensar que a protecdón penal daquel dereito encontra o seu encaixe no art. 165 bis do Código Penal. ,

Serán castigados... os que impedisen ou obstaculizasen o lexítimo exerddo da liberdade de expresión e de difusión informativa.

E que cando tales feitos fosen cometidos por unha autoridade ou fundonario público poderían subsumirse no art. 194 do Código Penal que literalmente di:

Incorrerán na pena de inhabilitación especial, a autoridade ou o funcionario público que impedise a unha persoa o exercicio dos dereitos cívicos recoñeddos polas leis.

Os comentaristas do Código consideraron que o concepto de dereitosPage 88cívicos debe vir referido ós dereitos políticos ou de participación na vida pública, entre os que cumpriría salientalo da liberdade de expresión. Este criterio foi referendado pola recente sts do 22 de decembro de 1992 que admitiu tamén a posibilidade de concurso de delictos no caso de que se empregue ameaza, engano, ou simple negativa na acción impeditiva ou obstativa do dereito.

Conclusións
  1. As linguas oficiais nas Comunidades Autónomas son medio normal de comunicación cos poderes públicos.

  2. O bilingüismo oficial alcanza a tódolos poderes públicos radicados no territorio autonómico, sen exclusión dos órganos dependentes da Administración Central.

  3. Conforme ó principio de territorialidade, o criterio deíimitador do castelán e das demais linguas oficíais é o territorio, independentemente do carácter estatal, autónomo ou local dos distintos poderes públicos.

  4. O deber de cooficialidade alcanza, en consecuencia, a toda a Administración Autonómica, Corporacións Locais, Administración Periférica do Estado, Administración de xustiza e Militar (suposto este último advertido polo tc na sentencia relativa á lei de normalización lingüística das Illas Baleares).

  5. Os cidadáns pertenecentes a unha Comunidade Autónoma con idioma oficial propio, tenen dereito, no seu ámbito territorial, a expresarse nese idioma. Impedir ou dificultar ese dereito sería anticonstitucional e unha violación dun dereito fundamental.

  6. A cooficialidade que se estableza deberá revestir formalmente o carácter de norma estatutaria con rango de Lei Orgánica, por afectar ó que se denomina bloque de constitucionalidade.

  7. En canto ás facultades xurídicosubxectivas para o cidadán, derivadas da doutrina do Tribunal Constitudonal, son:

  1. Posibilidade de elixilo uso dunha ou doutra lingua oficial perante os poderes públicos (Fundamento Xurídico oitavo S. 82/86).

  2. Subordinación dos Poderes Públicos a esa elección.

  3. Facultade dos cidadáns de non veren rexeitadas as comunicacións que dirixan na lingua oficial a calquera Administración, e de seren respondidos na mesma.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR