DECRETO 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Índice

Capítulo I. Disposicións xerais.

Artigo 1 Obxecto e ámbito de aplicación.
Artigo 2 Principios que deben inspirar a prestación do servizo.
Artigo 3 Autoridade audiovisual competente.

Capítulo II. Prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica.

Artigo 4 Definición.
Artigo 5 Réxime.
Artigo 6 Obrigas dos prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica.

Sección 1.ª Servizos de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada que realicen comunicacións comerciais.

Artigo 7 Definición e réxime xurídico.
Artigo 8 Réxime de comunicación previa e o seu procedemento.
Artigo 9 Requisitos para ser titular de licenzas de comunicación audiovisual radiofónica.
Artigo 10 Obrigas dos titulares da licenza.
Artigo 11 Concurso público para o outorgamento de licenzas de prestador do servizo de comunicación audiovisual radiofónica.
Artigo 12 Proxecto técnico.
Artigo 13 Execución das obras e instalacións, inspección e autorización de posta en funcionamento.
Artigo 14 Incumprimento.
Artigo 15 Contido do documento administrativo da licenza.
Artigo 16 Emisión en cadea.
Artigo 17 Modificación da estrutura do accionariado ou empresarial.
Artigo 18 Negocios xurídicos.
Artigo 19 Vixencia e renovación da licenza.
Artigo 20 Extinción da licenza.

Sección 2.ª Servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.

Artigo 21 Definición e forma de xestión.
Artigo 22 Obrigas dos prestadores do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica local.
Artigo 23 Financiamento do servizo.
Artigo 24 Solicitude.
Artigo 25 Reserva provisional de frecuencia.
Artigo 26 Competencia e outorgamento da licenza.
Artigo 27 Actuacións previas ao comezo das emisións.
Artigo 28 Vixencia da licenza.

Sección 3.ª Servizos de comunicación audiovisual radiofónica comunitarios sen ánimo de lucro.

Artigo 29 Definición.
Artigo 30 Vixencia das licenzas.
Artigo 31 Obrigas.
Artigo 32 Procedemento de outorgamento de licenzas.
Artigo 33 Financiamento.

Capítulo III. Inspección.

Artigo 34 Órgano competente para a inspección.
Artigo 35 Alcance da función de inspección.
Artigo 36 Persoal da inspección.
Artigo 37 Actuacións da inspección.

Capítulo IV. Rexistro Galego de Prestadores do Servizo de Comunicación Audiovisual.

Artigo 38 Creación e obxecto.
Artigo 39 Organización do rexistro.
Artigo 40 Actos inscritibles.
Artigo 41 Comprobacións para a inscrición.
Artigo 42 Consultas e certificacións.

Capítulo V. Réxime sancionador.

Artigo 43 Réxime sancionador.
Artigo 44 Responsabilidade.
Artigo 45 Órgano competente.

Disposición adicional primeira. Supresión do Rexistro de Empresas Radiodifusoras de Galicia e do Rexistro de Concesionarios do Servizo de Televisión Autonómica e Local de Galicia.

Disposición adicional segunda. Servizo público de comunicación audiovisual radiofónica de ámbito autonómico.

Disposición adicional terceira. Aplicación ao servizo de comunicación audiovisual televisiva.

Disposición transitoria primeira. Expedientes de radiodifusión e televisión en situación de adxudicación provisional no momento da entrada en vigor deste decreto.

Disposición transitoria segunda. Expedientes de autorización de negocios xurídicos en tramitación no momento da entrada en vigor deste decreto.

Disposición derrogatoria única.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Concursos convocados e non adxudicados.

Disposición derradeira terceira. Execución e desenvolvemento.

Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor.

Á Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do disposto pola Constitución española no artigo 149.1.27, correspóndelle o desenvolvemento lexislativo e a execución do réxime da radiodifusión e da televisión dentro da normativa básica ditada polo Estado. Así mesmo, polo disposto no artigo 34.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, asume o desenvolvemento lexislativo e a execución do réxime de radiodifusión e televisión nos termos e casos establecidos na lei que regule o estatuto xurídico da radio e da televisión.

A partir da competencia asumida estatutariamente e no marco da lexislación básica do Estado, a Xunta de Galicia aprobou o Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, modificado polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro.

Toda vez que a recente entrada en vigor da Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral da comunicación audiovisual, establece un novo réxime xurídico dos servizos de radiodifusión e televisión, faise necesario aprobar unha nova norma reguladora coa finalidade de adaptarse á nova normativa para os servizos de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A mesma lei introduce a denominación «prestadores do servizo de comunicación audiovisual», que comprende os anteriormente chamados «concesionarios do servizo público de radiodifusión e televisión».

En canto á forma de explotación dos servizos de comunicación audiovisual, a principal novidade da lexislación estatal é que establece o abandono do actual réxime concesional polo de licenza previa outorgada mediante concurso pola autoridade audiovisual competente.

En relación co proceso de outorgamento de licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual, resulta necesario modernizar e axilizar a normativa galega, para adecuala á Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral da comunicación audiovisual, que na súa disposición transitoria segunda establece a transformación das antigas concesións administrativas en licenzas, para a prestación tanto do servizo de comunicación audiovisual radiofónico como televisivo.

O presente decreto pretende establecer o marco regulador para o outorgamento das licenzas así como para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica de carácter público, comercial ou comunitario sen ánimo de lucro.

O concurso para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos audiovisuais radiofónicos rexerase pola Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administración públicas, e a Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa lexislación de desenvolvemento en todo o non disposto no presente decreto.

Co obxecto de facilitar a viabilidade económica dos proxectos de prestación do servizo audiovisual radiofónico de carácter público adóptase unha nova fórmula máis ampla, que permite que calquera das entidades locais de ámbito superior ao municipio poidan solicitar a xestión do servizo.

Por outra parte, e co fin de satisfacer as necesidades de comunicación expresadas por distintas entidades sen ánimo de lucro para a consecución de fins educativos, sociais, culturais ou formativos, o novo decreto regula o servizo de comunicación audiovisual radiofónica comunitario sen ánimo de lucro.

Créase tamén o Rexistro Galego de Prestadores do Servizo de Comunicación Audiovisual, o cal, consonte o establecido na lexislación básica estatal, ten por obxecto a inscrición de todos os servizos de comunicación audiovisual tanto radiofónicos como televisivos.

Do mesmo xeito, regúlanse en capítulos específicos o procedemento sancionador e a inspección dos prestadores de servizos de comunicación audiovisual, afectando tanto os televisivos como aos radiofónicos.

Por último, o ditame do Consello Consultivo de Galicia do 14 de abril de 2011 contén importantes observacións en relación, entre outras, á lexislación aplicable aos concursos e ao incumprimento dos trámites destes procedementos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR