STSJ Galicia 329/2022, 12 de Mayo de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha12 Mayo 2022
Número de resolución329/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00329/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2020 0001464

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015590 /2020 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Agustín

ABOGADO ANTONIO REIJA DOVAL

PROCURADOR D./Dª. JOSE ANTONIO CASTRO BUGALLO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA,doce de maio dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15590/2020, presentado por Dº Agustín, representado polo procurador Sr.castro Bugallo, dirixido polo letrado Dº Reija Doval , contra o acordo de 04.06.2020 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 2.168,48 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 04.06.2020 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa, contra a liquidación IRPF ano 2016: non lle admiten a deducción de gastos ó non ter actividade económica ( non declarara ingresos pola actividade de advogado ).

SEGUNDO

O recorrente alega que, no ano 2016 non tivo rendementos positivos ( tampouco no ano 2015 ) , mais si os tivo ano ano 2014 ( rendemento neto de 7.580,26 euros), ano 2017 ( rendemento neto de 4.884,66 euros ), 2018 ( 2.991,24 euros ) e 2019 ( 1.981,72 euros ); xa os tivera no ano 2004 ( 39.633,75 euros ), polo que, son admisibles os gastos.

O letrado do Estado opón que: a) existen saltos temporais na obtención dos ingresos, b) non se acredita o exercicio da advogacía no exercicio comprobado, c) non se achegou o libro de gastos e moitos dos pretendidos non son admisibles.

Consonte co artigo 27.1 LIRPF: Artigo 27. Rendementos íntegros de actividades económicas 1 . Consideraranse rendementos íntegros de actividades económicas aqueles que , procedendo do traballo persoal e do capital conxuntamente , ou dun só destes factores , supoñan por parte do contribuínte a ordenación por conta propia de medios de produción e de recursos humanos ou dun de ambos , coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos .

En particular , teñen esta consideración os rendementos das actividades extractivas , de fabricación , comercio ou prestación de servizos , incluídas as de artesanía , agrícolas , forestais , gandeiras , pesqueiras , de construción , mineiras , e o exercicio de profesións liberais , artísticas e deportivas .

O artigo 26 determina os gastos admisibles para determinalo rendemento neto, e estes deben cumprir unha serie de esixencias, se ben partirmos de que, coma establece a STS 1492/2021: o imposto que nos ocupa estrutúrase esencialmente sobre a base de gravar os rendementos obtidos polo suxeito pasivo que reflicta a súa capacidade económica, unha vez deducidos os...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR