SAP Pontevedra 148/2019, 28 de Junio de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:1352
Número de Recurso7/2019
ProcedimientoPenal. Jurado
Número de Resolución148/2019
Fecha de Resolución28 de Junio de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra - Tribunal Jurado

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00148/2019

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MV

Modelo: 530650

N.I.G.: 36038 43 2 2016 0004973

TJ TRIBUNAL DEL JURADO 0000007 /2019J

Delito/falta: COHECHO

Acusación: MINISTERIO FISCAL

Contra: Gumersindo

Procurador/a: MARIA DEL AMOR ANGULO GASCON

Abogado/a: MODESTO BARCIA LAGO

SENTENCIA Nº 148

ILMO SR MAXISTRADO PRESIDENTE

  1. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

En PONTEVEDRA, vinte e oito de xuño de dous mil dezanove.

VISTA en xuízo oral e público, ante o Tribunal do Xurado, a presente causa de Procedemento de Lei do Xurado co número 7/2019, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de PONTEVEDRA e seguida polo trámite de TRIBUNAL DO XURADO 2173/2016, por un delito continuado de SUBORNO do artigo 420 do Código penal en relación co artigo 74 do mesmo texto legal , contra:

- Gumersindo , con DNI núm. NUM000 , natural de Pontevedra, nado o NUM005 de 1969, fillo de Julián e Azucena , sen antecedentes penais, en situación de liberdade por esta causa, representado pola Procuradora MARIA DO AMOR ANGULO GASCON e defendido polo Avogado MODESTO BARCIA LAGO. Sendo parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu o Ilmo. Sr. Augusto Santaló Ríos.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de Instrución núm. 1 de PONTEVEDRA, remitiuse a esta Sección Segunda da Audiencia Provincial de PONTEVEDRA, o Procedemento da Lei de Xurado que se seguiu co Rolo 7/2019 .

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal, presentou escrito de conclusións provisionais, cualificando os feitos como constitutivos dun delito continuado de suborno do artigo 420 CP en relación co 74, sendo autor o acusado, non concorrendo circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Solicita a imposición ao acusado, polo primeiro delito, da pena de catro anos de prisión, catro anos de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo, vinte meses multa cunha cota diaria de 10€, oito anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público e para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo. En canto á responsabilidade civil o acusado deberá indemnizar a Bernarda en 50€ e a Clara en 150€.

TERCEIRO

A defensa do acusado móstrase desconforme coa cualificación efectuada polo Fiscal e solicita a libre absolución do mesmo.

CUARTO

Recibidos os testemuños e comparecidas as partes, con data 9 de abril de 2019 precisáronse os feitos xusticiables, acordouse a procedencia dos medios de proba propostos e sinalouse para a vista do xuízo oral 24 de xuño de 2019. Nos días seguintes resolvéronse as escusas e recusacións presentadas, quedando un total de 25 candidatos a xurado. O día sinalado para o xuízo examinouse previamente aos candidatos a xurado e designáronse por sorteo os nove titulares e os dous suplentes:

TITULARES :

  1. - Felisa

  2. - Flor

  3. - Florinda

  4. - Gabriela

  5. - Gloria

  6. - Mariola

  7. - Guadalupe

  8. - Hortensia

  9. - Mercedes

    SUPLENTES :

  10. - Luis Enrique

  11. - Josefina

QUINTO

O Ministerio Fiscal e a defensa do acusado, no acto de xuízo oral, elevan as súas conclusións a definitivas.

FEITOS PROBADOS

O xurado declarou probados no seu veredicto os seguintes feitos:

  1. - O acusado, Gumersindo , na súa condición de funcionario da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no ano 2016 iniciou, tramitou e finalizou o expediente número NUM001 , por mor dunha solicitude de autorización de residencia de longa duración realizada por Clara .

  2. - O acusado, Gumersindo , na súa condición de funcionario da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no ano 2016 iniciou, tramitou e finalizou o expediente número NUM002 , por mor dunha solicitude de autorización de residencia temporal inicial realizada por Bernarda .

  3. - O acusado, Gumersindo , na súa condición de funcionario da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no ano 2016 iniciou, tramitou e finalizou o expediente número NUM003 , por mor dunha solicitude de autorización de residencia de familiar comunitario realizada por Raquel , aínda que a persoa encargada da tramitación era a súa nai, Tania .

  4. - Sen dereito a recibir retribución de ningún tipo por parte da interveniente no expediente, o acusado, Gumersindo , durante a súa tramitación e para realizar as funcións propias do seu cargo, solicitou de Clara 150 €, que ela lle entregou en dúas ocasións: 100 € na oficina e os 50 € restantes na rúa.

  5. - Sen dereito a recibir retribución de ningún tipo por parte da interveniente no expediente, o acusado, Gumersindo , durante a súa tramitación e para realizar as funcións propias do seu cargo, solicitoulle a Bernarda un agasallo e ela entregoulle 50 €.

  6. - Sen dereito a recibir retribución de ningún tipo por parte da interveniente no expediente, o acusado, Gumersindo , durante a súa tramitación e para realizar as funcións propias do seu cargo, díxolle a Tania que lle tiña que dar algo e, entendendo ela que eran cartos, acudiu á Subdelegación do Goberno en Pontevedra con 200 €, que, porén, non lle chegou a entregar a Gumersindo por ser atendida por outra funcionaria. Este chamou a atención a aquela por tal motivo.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro .- É mester comezar por aludir á garantía de motivación do veredicto do xurado e a cal debe ser o alcance das facultades de quen presidiu o tribunal do xurado no relativo á motivación dos feitos declarados como probados. Neste sentido, a STS do 10 de abril de 2001 xa expresaba que:

[...] tratándose de sentencias dictadas por el Tribunal del Jurado, es obvio que no puede exigirse a los ciudadanos que integran el Tribunal el mismo grado de razonamiento intelectual y técnico que debe exigirse al juez profesional y por ello la LOTJ exige una "sucinta explicación" ( art. 61.1d) en la que ha de expresarse las razones de la convicción, las cuales deberán ser complementadas por el Magistrado Presidente en tanto en cuanto pertenece al Tribunal atento al desarrollo del juicio, en los términos analizados, motivando la sentencia de conformidad con el artículo 70.2 LOTJ .

Coa sucinta explicación das razóns que determinaron o xurado a declarar probados os feitos preténdese simplemente (segundo, entre outras, a STS, Penal, Sección 1ª, do 17 de outubro de 2006 -ROJ: STS 5980/2006 - ECLI:ES:TS:2006:5980 -) preservar tal decisión de calquera tentación de arbitrariedade ou subxectividade exacerbada buscando datos probatorios xustificativos da opción crítica adoptada. Non deben os xurados analizar e avaliar de forma expresa todas as probas practicadas de natureza incriminatoria, para garantir a destrución do dereito á presunción de inocencia, xa que tal actividade procesual debe desenvolvela o maxistrado presidente, como preceptúa o artigo 70.2 da Lei orgánica do tribunal do xurado (LOTX). E engade a devandita sentenza que, aceptados uns feitos probados polo xurado, o maxistrado presidente pode e debe xustificalos coas probas de cargo que os sustenten, en cuxo elenco pode incluír todas aquelas que lexitimamente se practicaron no xuízo e que fosen vistas e oídas polos xurados, aínda que estes non as citen na sucinta xustificación que deben facer das razóns -que non das probas- que lles permitiron declarar, con fundamento, uns feitos como probados.

A STS, Penal, Sección 1ª, do 9 de marzo de 2015 (ROJ: STS 837/2015 - ECLI:ES:TS:2015:837 ), que, á súa vez, cita a STS 72/2014, do 29 de xaneiro , subliña que:

[...] es preciso diferenciar entre el deber de motivación que la LOTJ impone al jurado y el que exige de los Tribunales profesionales. Para el Tribunal del Jurado no es que sea suficiente una sucinta explicación ( art. 61.1 d) LOTJ ), es que es justamente eso lo que le exige la Ley. Sería incluso "alegal" una exhaustiva motivación. El colegio de legos ha de fundar sus decisiones sucintamente, lo que supone señalar no necesariamente todos los medios de prueba tomados en consideración ni detallar ineludiblemente todo el itinerario mental recorrido para llegar a la decisión... Basta con que expresen de forma sintética las pruebas que han determinado su convicción, de manera que posteriormente pueda controlarse la razonabilidad de esas conclusiones y la suficiencia de las pruebas tomadas en consideración para fundar la responsabilidad penal.

Y en la misma sentencia 72/2014 se añade, remitiéndose a otras ( SSTS 591/2001, de 9-4 , y 300/2012, de 3-5 ), que el acta del veredicto contiene un apartado en el que el Jurado hace constar, sin que pueda exigirse a los ciudadanos que integran por sí solos el Jurado de hechos y de culpabilidad el mismo grado de razonamiento intelectual y técnico que puede exigirse a un Juez profesional y experimentado y por ello la Ley Orgánica del Tribunal del Jurado sólo exige (art. 61.d ) "una sucinta explicación de las razones..." que han tomado en consideración los ciudadanos jurados como elementos de convicción para declarar probados los hechos y la participación en ellos del acusado, razones que deberán ser complementadas, cuando sea necesario y de forma congruente con lo expresado por el Jurado, por el Magistrado-Presidente en tanto en cuanto pertenece al Tribunal y ha contemplado atentamente el desarrollo del juicio, motivando la sentencia de conformidad con el art. 70.2 de la LOTJ .

[...]

El criterio de esta Sala acerca del grado de exigibilidad de la motivación del veredicto de un Jurado es notablemente laxo y ajeno a cualquier rigorismo formal. De modo que, tal como se ha reseñado en la jurisprudencia anteriormente citada, incluso se ha considerado en algunas sentencias que es suficiente con que el Jurado especifique los elementos probatorios de cargo que sustentan su convicción para entender que el veredicto está fundamentado, sin que se precise un análisis específico y pormenorizado de los motivos concretos por los que un testigo es considerado fiable y creíble para el Tribunal de legos.

A motivación da sentenza do tribunal do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STSJ Galicia 69/2019, 19 de Noviembre de 2019
    • España
    • 19 November 2019
    ...dictada el 28 de junio de 2019 por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el Procedimiento del Tribunal del Jurado 7/19. Declarar de oficio las costas procesales del Notifíquese esta sentencia a las partes haciéndoles saber que contra ella pueden interponer recurso de cas......
  • STS 888/2021, 17 de Noviembre de 2021
    • España
    • 17 November 2021
    ...dictada el 28 de junio de 2019 por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el Procedimiento del Tribunal del Jurado 7/19 Declarar de oficio las costas procesales del recurso(sic)". CUARTO Notificada la resolución a las partes, se preparó recurso de casación por infracción ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR