AAP Pontevedra 57/2018, 21 de Enero de 2017

PonenteXERMAN VARELA CASTEJON
ECLIES:APPO:2017:3376A
Número de Recurso1105/2017
ProcedimientoPenal. Apelación de juicio de faltas
Número de Resolución57/2018
Fecha de Resolución21 de Enero de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00057/2018

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

N.I.G.: 36042 41 2 2016 0001205

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0001105 /2017 J

Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de PONTEAREAS

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000375 /2016

RECURRENTE: MINISTERIO FISCAL, Micaela Y OTROS

Procurador/a:

Abogado/a:

RECURRIDO/A: Evelio, Justino, SERRERIAS ROAL SL, PREVISO NO R SL, Adelina, Saturnino, Benedicto, REALE SEGUROS, ALLIANZ COMPAÑIA DE SEGUROS Y REASEGUROS SA

A U T O Nº 57

MAXISTRADAS/O

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo, presidenta

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Xermán Varela Castejón

Pontevedra, vinte e un de novembro de dous mil dezasete.

FEITOS

Único.- Foi ditado un auto o 14 de xullo de 2017 polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Ponteareas en que se rexeitaba o recurso do Ministerio Fiscal contra o auto anterior do 8 de marzo.

Contra aquela resolución, resolutoria do recurso de reforma, foi presentado un recurso de apelación polo Ministerio Fiscal que foi tramitado e do cal se lle deu traslado ás outras partes.

Con este auto resólvese o amentado recurso, manifestando o parecer da Sala o maxistrado Xermán Varela Castejón .

RAZOAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

O auto polo que se acorda a continuación polos trámites dos artigos 780 e seguintes da LACrim que se prevé no artigo 779.1.4ª da LACrim ten un duplo contido.

Por un lado, supón decidir a conclusión da instrución, é dicir, que non existen dilixencias pertinentes non practicadas.

Por outro lado, proclama que os feitos que se consideran resultado desa instrución, que deben ser expresados xunto ás persoas a que se lle imputa a súa comisión, constituirían un dos delitos previstos no artigo 757 da mesma lei procesual .

A análise debe realizarse en termos de probabilidade de condena e supón dúas xustificacións, unha fáctica de resultar probable que uns determinados feitos sexan considerados probados tras a realización do xuízo oral en atención ao material presente na causa, e outra xurídica referida á cualificación posible deses feitos.

No referido á primeira análise, esta é de mera probabilidade e é substancialmente distinta da análise da proba que se practique no xuízo, tanto polo que é valorado como polo grao de convicción que debe concluírse da valoración.

Estamos ante unha decisión que define os feitos que poderán ser base para unha eventual acusación das partes acusadoras; e a descrición debe ser o suficientemente precisa para non dar pé a acusacións inesperadas, noutras palabras, para que se poida saber de que trata o proceso, e o suficientemente aberta para non someter as acusacións a restricións innecesarias sobre aspectos dos feitos que se poidan deducir do actuado.

O xuízo de tipicidade xira sobre posíbeis cualificacións dos feitos en atención á función que é propia daquel. Non é propia deste momento procesual a definición do exacto alcance das posíbeis cualificacións penais deses feitos, máis aló de constatar que estamos no ámbito do artigo 757 da LACrim non corresponde ao xulgado de instrución neste momento especificar a concreta cualificación dos feitos.

Como toda decisión, esta debe ser motivada. Agora ben, esa motivación debe existir respecto ao contido e funcionalidade que lle son propios ao auto que estudamos. O contido é o que acabamos de indicar, a funcionalidade é delimitar o posible obxecto fáctico das eventuais acusacións a que se lle dá traslado no mesmo momento en que se dita o auto, así como permitir ás...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 artículos doctrinales

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR