SAP Pontevedra 267/2015, 3 de Noviembre de 2015

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2015:2401
Número de Recurso54/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución267/2015
Fecha de Resolución 3 de Noviembre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00267/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

N85860

N.I.G.: 36039 41 2 2012 0004962

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000054 /2015 CR

Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Denunciante/querellante: BANCO POPULAR ESPAÑOL, S.A., Raquel, MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO, MERCEDES DE MIGUEL GONZALEZ,

Abogado/a: D/Dª SAGRARIO CADENAS RUIZ, MARIA CRISTINA ROMA BALSEIROS,

Contra: Vicente

Procurador/a: D/Dª SARA DACAL RUIZ

Abogado/a: D/Dª DAVID RODRIGUEZ GROBA

SENTENZA Nº267

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS

Presidente/a: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados/as Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a tres de Novembro de dous mil quince.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 54/2015, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 do Porriño e seguida polo trámite de procedemento abreviado, polo delito CONTINUADO DE ESTAFA, contra Vicente, con DNI número NUM000, veciño de Caldas de Reis, con domicilio en DIRECCION000 nº NUM001 NUM002, NUM003

, Caldas de Reis, cuxos antecedentes penais non constan, cuxa solvencia non consta, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora Sra. Sara Dacal Ruiz e defendido polo letrado Sr. David Rodríguez Groba. Como acusación particular intervén Raquel, representada pola procuradora Sra. Mercedes de Miguel González e defendida pola letrada Sra. Silvia Mariño Laíño; como actor civil, o BANCO POPULAR ESPAÑOL, S.A. representado polo procurador Sr. José Antonio Fandiño Carnero e defendido pola letrada Sra. Sagrario Candenas Ruiz; e como parte acusadora, o Ministerio Fiscal, na representación do cal interveu Dª . CARMEN NO VO. É relator o maxistrado D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

As presentes actuacións instruíronse polo presunto delito CONTINUADO DE ESTAFA e, practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes a xuízo oral, que tivo lugar o día 3 de novembro do 2015, ao cal compareceron as persoas indicadas na acta redactada para o efecto.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito continuado de estafa dos artigos 248, 249 e 250.1.4 º e 6º do Código penal .

Responde o acusado dos feitos narrados en concepto de autor, art. 28 do Código penal .

Non concorren no acusado circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

Procede impoñer ao acusado a pena de seis anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena conforme o artigo 56 do Código penal e doce meses multa, cunha cota diaria de 6 euros, suxeito no caso de impago á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas conforme o artigo 53 do Código penal .

TERCEIRO

Pola acusación particular, Raquel, no seu escrito de conclusión provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito continuado de estafa, dos artigos 248, 249 e 250.1.4 º, 5 º e 6º do CP .

Responde o acusado en concepto de autor, art. 28 do Código penal .

Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade.

Procede impoñer ao acusado a pena de 6 anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena conforme o artigo 56 do Código penal e doce meses de multa, cunha cota diaria de 6 euros, suxeito no caso de impago a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas conforme ao artigo 53 do CP .

En canto a responsabilidade civil, solicítase o seguinte:

- Declárese a nulidade da escritura de constitución de hipoteca do 25 de febreiro do 2010 subscrita polo acusado co Banco Popular Español, e a súa cancelación rexistral.

- Así mesmo, declárese a nulidade da cláusula da fianza do contrato do arrendamento financeiro mobiliario do 3 de setembro do 2007, o que supón a restitución pola entidade Finanzia Banco Crédito, SA, na cantidade de 47.361,06 euros cobrados da prexudicada no procedemento xudicial.

- O acusado, en aplicación do artigo 576 da LACrim, indemnizará a entidade Finanzia Banco de Crédito, SA, na cantidade de 47.361,06 euros polo valor do retrocamión e na cantidade de 19.506,33 euros e 5.851 euros polas custas e xuros derivados da reclamación xudicial do prezo, e indemnizará o Banco Popular Español na cantidade de 85.000 euros.

A acusación particular, no acto do xuízo oral, muda as súas conclusións en definitivas.

CUARTO

No acto do xuízo oral o Ministerio Fiscal retirou a acusación.

O actor civil compareceu só pola acción civil.

QUINTO

A defensa do acusado, no acto do xuízo oral, muda as súas conclusións en definitivas. Solicita a libre absolución do seu patrocinado ao non ter participación ningunha nos feitos presuntamente delituosos.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

O acusado, Vicente, cuxas circunstancias persoais xa constan, casou con Raquel o 9 de maio de 1998 e tiveron dous fillos - María Rosa e Aurelio -. Por unha sentenza do 4 de febreiro de 2005, pronunciada pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis, nos autos 405/2004, decretouse a separación de mutuo acordo do amentado matrimonio. Pola mesma sentenza aprobáronse as estipulacións da proposta de convenio regulador que formulaban os cónxuxes, do cal formaba parte a disolución e liquidación dos bens gananciais que, no relativo á vivenda situada no BARRIO000, portal NUM004, escaleira NUM004, planta NUM002, porta NUM003, da localidade de Caldas de Reis, se atribuía a ambos cunha cota do 50% en réxime de copropiedade.

Segundo

O 22 de novembro de 2005, nunha notaría de Pontevedra, Raquel, facendo constar que estaba separada xudicialmente, outorgoulle un poder xeral ao acusado, Vicente, coas máis amplas facultades de administración e disposición, sen facer mención expresa ningunha á finalidade ou propósito que a levou a tal xeito de obrar.

Terceiro

O 3 de setembro de 2007 o acusado, Vicente, asinou coa entidade Finanzia Banco de Crédito, SA, un contrato de arrendamento financeiro mobiliario que tiña por obxecto un tractocamión, da marca Scania, modelo R164LA4X2NB, con número de chasis NUM005 . Comprometeuse a satisfacer 48 mensualidades de 1 008,49 #, cunha opción de compra final ou valor residual de 869,39 #. No devandito contrato figuraba Raquel como fiadora do cumprimento da obrigación grazas ao emprego por parte do acusado do poder xeral notarial que lle outorgara.

Ao non resultaren pagas as mensualidades pactadas, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Caldas de Reis, no xuízo ordinario 140/2008, pronunciou unha sentenza firme o 20 de febreiro de 2009, pola que se condenaba o acusado, Vicente, e a Raquel (declarados en rebeldía) ao pagamento de xeito solidario a prol da actora Finanzia Banco de Crédito, SA, de 47 361,06 #, mais os xuros e custas correspondentes.

O 30 de marzo de 2009 Raquel pagou o principal pola amentada cantidade de 47 361,06 #.

Por un auto do 13 de abril de 2010, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Caldas de Reis aprobou, nos referidos autos de xuízo ordinario 140/2008, a taxación de custas practicada por importe de 6 796,67 # e a liquidación de xuros por importe de 9 938,06 # do exercicio 2008 e 2 771,60 # do exercicio 2009, cantidades a cuxo pagamento viñan condenados Raquel e o aquí acusado, Vicente . Polo total das cantidades anteriormente reflectidas (19 506,33 #) mais outros 5 851 # que se fixaban provisionalmente en concepto de xuros, despachouse execución contra Vicente e Raquel por un auto do 10 de novembro de 2010 na execución de títulos xudiciais 580/2010, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Caldas de Reis .

Cuarto

O 25 de febreiro de 2010, Vicente (no seu propio nome e en representación de Raquel por mor do poder notarial que esta lle outorgara o 22 de novembro de 2005) e Natalia concertaron co Banco Popular Español, SA, un préstamo por importe de 85 000 #, coa garantía da constitución dunha hipoteca sobre a amentada vivenda que en réxime de copropiedade ao 50% tiña o acusado e a súa ex-esposa na localidade de Caldas de Reis e coa fianza solidaria da nai do acusado, Natalia .

Quinto

Por un auto do 14 de outubro de 2010, o Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis, nos autos 612/2010, despachou a execución forzosa das medidas acordadas na referida separación matrimonial de mutuo acordo a solicitude de Raquel contra o acusado, Vicente, por un importe de 18 657,84 # de principal mais 5 500 # en concepto de xuros.

Sexto

Raquel non revogou o poder xeral notarial que outorgara en favor de Vicente ata o 16 de decembro de 2010.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O Ministerio Fiscal, que nas súas conclusións provisionais consideraba o acusado, Vicente, autor dun delito continuado de estafa dos artigos 248, 249 e 250.1.4 º e 6º do Código penal, retirou a amentada acusación no acto do xuízo oral. Pola contra, a acusación particular exercida por Raquel si que mudou as súas conclusións provisionais en definitivas e mantivo así a acusación contra aquel nuns termos idénticos aos da fiscala que definitivamente a retirou, co engadido do número 5º do artigo 250.1 do Código penal .

Segundo

Os feitos declarados probados non son legalmente constitutivos do delito continuado de estafa que unicamente lle rematou imputando ao acusado, Vicente, Raquel .

Verbo do engano como elemento típico no tipo de estafa, debemos lembrar coa STS 413/2015, do 30 de xuño, que é aquel que xera un...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR