STSJ Galicia 555/2015, 15 de Julio de 2015

PonenteLUIS VILLARES NAVEIRA
ECLIES:TSJGAL:2015:5424
Número de Recurso7797/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución555/2015
Fecha de Resolución15 de Julio de 2015
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00555/2015

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

SECCIÓN TERCEIRA

Praza de Galicia, S/N CP 15071 A CORUÑA

Tel. 981 185796

Procedemento: PROCEDEMENTO ORDINARIO 7797/2010

Sobre:

Parte demandante: FINCA PISCO S.C.

Letrado/a: PAULO LOPEZ PORTO

procurador/a: GABRIEL ARAMBILLET PALACIO

Parte demandada: DIRECCION XERAL DE INDUSTRIA, ENERXIA E MINAS

Letrado/a: LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA

Procurador/a:

Data: 15 de xullo de 2015

SENTENZA

Ilmo Sr. Presidente:

Julio Cibeira Yebra Pimentel

Ilmos.Sres.Magistrados :

Blanca María Fernandez Conde

Luís Villares Naveira (Relator)

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Industria, enerxía e minas de data 3/2/2010 que solicitaba a inmediata inscrición definitiva de Finca Pisco S.C. no Rexistro de instalacións de produción en réxime especial con efectos do día 28/9/2008. O recurso contencioso foi ampliado á desestimación presunta por silencio do recurso de alzada interposto en data 15/4/2009 contra a desestimación presunta da solicitude de inscrición definitiva formulada en data 22/9/2008.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. A desestimación presunta dun recurso de alzada contra un acto denegatorio por silencio administrativo debe producir o acollemento das pretensións, conforme co art. 42 LRXAP-PAC, e é o que sucedeu na petición de 17/11/2009;

  2. Ante o conflito existente entre Unión Fenosa e o demandante, este solicitou a intervención prevista da Xunta no art. 4.5. RD 1663/2000 en data 5/10/2009 para que determinase de forma vinculante as condicións técnicas que as partes habían de respectar, que tamén está previsto na DA 20ª da Lei 54/1997, do Sector eléctrico. Posteriormente, ante a falta de cumprimento por Unión Fenosa o demandante pediu á Xunta (17/11/2009) que a entidade emitise informe e a súa inscrición definitiva no rexistro especial de produtores de enerxía. A xunta denegou a petición formulada de que Unión Fenosa emitise informe e de inscribir, por entender que se faltaba ese informe era porque a empresa consideraba que a demandante non cumpría cos compromisos asinados na xuntanza de mediación, cousa que non é certa, xa que o pactado fora outra cousa.

  3. A xunta debe acoller a pretensión e inscribir á data de solicitude, por cumprírense os requisitos legais e resolver fóra de prazo;

  4. Tecnicamente, non existe motivo para que Unión Fenosa non emitise informe, xa que o sistema técnico instalado é adecuado segundo a normativa sectorial, tal como asevera o art. 12 do RD 1663/2000, xa que se permite calquera que faga as funcións de inversión, aínda que non posúa separación galvánica.

  5. Ademais, a entidade xestora da rede só dispuña dun mes para denegar a o acceso á rede, como di o art. 6.4. RD 1663/2000, transcorrido o cal o interesado podería conectarse á rede.

  6. Finalmente, amplíase o recurso contencioso ao silencio desestimatorio do recurso de alzada formulado en data 15/4/2009 contra a solicitude inicial de data 22/9/2008 de inscrición definitiva no Rexistro de produtores de enerxía en réxime especial.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  7. A Xunta non pode suplir a ausencia de informe técnico de Unión Fenosa, quen por outra parte confirmou en 2009 que o interesado non cumpría cos requisitos regulamentarios para conectarse á rede;

  8. É certo que se produciu unha xuntanza a instancias do demandante para dirimir as discrepancias técnicas, onde este se comprometeu a instalar un inversor con separación galvánica cando fose requirido ao efecto;

  9. Non se pode outorgar unha inscrición así por falta e informe e menos aínda con carácter retroactivo,

    dado que no momento da solicitude non se cumpría coas condicións técnicas esixibles.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, ten lugar a vista do xuízo o día 28/3/2014, na que se practica como proba testemuñal de Argimiro, Baltasar, testemuñal pericial de Borja, a pericial de Cipriano e máis a documental que obra en autos.

A contía do procedemento fixouse en indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

- o contido do acto administrativo que a administración autonómica emitiu ao abeiro dos arts. 4.5 . e 5.3. do RD 1663/2000, como consecuencia da xuntanza mantida con Unión Fenosa e o representante de Finca Pisco S.C., e que a administración non documentou por escrito, foi o de que a instalación do transformador de illamento realizaríase no momento en que fose requirido nas mesmas condicións aos que en igual situación estivesen en Galicia;

- A instalación fotovoltaica executada na explotación agraria de Finca Pisco S.C. estaba rematada en data 2/9/2008 e cumpría con todas as esixencias normativas do sector naquel momento, sen que fose esixible o inversor pretendido pola compañía Unión Fenosa, podendo ser empregado calquera outro que cumprise as súas funcións.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre o dobre silencio administrativo da Dirección Xeral de Industria, enerxía e minas en relación á solicitude de 22/9/2008 e o recurso de alzada de 15/4/2009.

O primeiro motivo impugnatorio presentado polo demandante descansa na existencia dun dobre silencio administrativo, que entende debe ter a consideración xurídica de positivo, por consecuencia do art. 43.1. parágrafo 2 da LRXAP-PAC (aínda que erra na invocación do precepto aplicable postulando o art. 36.4. e o 42 obviando precisamente o art. 43), en relación á solicitude cursada en data 22/9/2008 que solicitaba a inscrición definitiva de Finca Pisco S.C. no Rexistro de instalacións de produción en réxime especial. Segundo o demandante, ante a falta de resolución en prazo, interpuxo recurso de alzada en data 15/4/2009, que tampouco foi contestada, o que orixinaría a adquisición do dereito por silencio.

A cuestión, sobre a que a demandada só se pronuncia indicando que non procede recoñecer o dereito por falta de informe positivo de Unión Fenosa, debe ser resolta positivamente para o demandante.

En primeiro lugar, deberamos preguntarnos se directamente a falta de resolución en prazo non debera carrexar o silencio positivo pola vía do inciso primeiro do art. 43.1. LRXAP-PAC. O demandante non fai alegación ningunha neste sentido, que sería o máis lóxico. Así e todo, a Lei galega 6/2001 que establece unha listaxe de procedementos cuxo silencio ten carácter negativo, entre os que se atopa o procedemento de recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica derivado do RD 2818/1998, que desenvolve a Lei 54/1997 neste punto. Este RD foi derrogado polo RD 436/2004, que á súa vez foi derrogado polo RD 661/2007, no que o demandante basea a súa petición. De todos modos, esta derrogación non resta vixencia ao sentido do silencio, xa que calquera dos procedementos derivados da Lei 54/1997 teñen, a falta de resolución expresa, sentido negativo, como declara a súa Disposición adicional terceira : " Efectos da falta de resolución expresa. As solicitudes de resolucións administrativas que deban ditarse conforme ao disposto na presente Lei e á lexislación específica en materia nuclear poderanse entender desestimadas, si non recae resolución expresa no prazo que ao efecto se estableza nas súas disposicións de desenvolvemento ".

En consecuencia, producido o silencio negativo, entra en vigor o contido do art. 43.1. parágrafo 2 que indica que: " Non obstante, cando o recurso de alzada se interpoña contra a desestimación por silencio administrativo dunha solicitude polo transcurso do prazo, entenderase estimado este se, chegado o prazo de resolución, o órgano administrativo competente non ditase unha resolución expresa sobre este.".

Que estamos perante un verdadeiro recurso de alzada é algo aceptado pola propia administración no expediente, xa que o tramitou como tal, dando traslado a Unión Fenosa e máis aos enxeñeiros da Consellaría para emisión de informe (ff. 95 a 97 do Tomo II).

A simple falta de informe...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 441/2018, 19 de Marzo de 2018
    • España
    • 19 Marzo 2018
    ...por la Sección Tercera de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en su recurso número 7797/2010 , sobre inscripción en Registro de instalaciones de Producción en Régimen Especial. Ha sido parte recurrida "Finca Pisco S.C.", representada por el ......
  • ATS, 14 de Abril de 2016
    • España
    • 14 Abril 2016
    ...2015, dictada por la Sala de lo Contencioso-Administrativo (Sección Tercera) del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en el recurso nº 7797/2010 , sobre inscripción en Registro de Instalaciones de Producción en Régimen SEGUNDO .- Por providencia de fecha 18 de enero de 2016 se dio trasl......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR