STSJ Galicia 161/2008, 18 de Marzo de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:5578
Número de Recurso15050/2008
ProcedimientoRECURSO DE APELACIóN
Número de Resolución161/2008
Fecha de Resolución18 de Marzo de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00161/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 15050/2008

APELANTE: Jose Manuel

APELADO: CONCELLO DE SANXENXO

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos. Sres. D.

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JOSE MANUEL RAMIREZ SINEIRO

A CORUÑA, dezaoito de Marzo de dous mil oito.

Na apelación que co número RECURSO DE APELACION 15050/2008 está pendente de resolución ante esta Sala, ANTES

TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO AP NÚM. 7016/2006 e que foi interposto por don Jose Manuel,

dirixido polo letrado don ANTONIO ALVAREZ PUIG, contra SENTENCIA de data dezaseis de Novembro de dous mil cinco ditada

no procedemento PO 34/2005 polo XULGADO DO CONTENCIOSO Núm.3 de PONTEVEDRA sobre DESESTIMACION DO RECURSO CONTRA ACORDO PLENARIO DO CONCELLO DE SANXENXO DE 30-11-04 SOBRE

SOLICITUDE REVISION DE

OFICIO DE LIQUIDACION DO IMPUESTO INCREMENTO VALOR DOS TERRENOS. É parte apelada a Administración

demandada, o CONCELLO DE SANXENXO dirixido polo letrado don CARLOS CUADRADO ROMAY.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Xulgado de instancia ditou a resolución referenciada anteriormente, que na parte dispositiva di: "Que debo desestimar y desestimo el recurso contencioso-administrativo interpuesto por la representación de don Jose Manuel contra el acuerdo plenario del Ayuntamiento de Sanxenxo de 30.11.04, sobre solicitud de revisión de oficio de liquidación del Impuesto municipal sobre el incremento de valor de los terrenos; no hago condena en costas".

SEGUNDO

Notificada a mesma, interpúxose recurso de apelación que foi tramitado en forma, co resultado que obra no procedemento. Acordouse dar traslado das actuacións ó ponente para resolver polo turno que corresponda.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Acéptanse, no que se dirá, os fundamentos da sentenza recorrida.

O recorrente alega, como primeiro motivo do recurso o erro do xulgado de instancia na aplicación da normativa, dado que o acordo municipal de 03.12.2004 ditouse en execucion da sentenza 89 /2004 que anulou, por falta de competencia do Excmo. Alcalde o acordo de non admisión da solicitude de revisión, procedendo o Pleno a corrixir este defecto, máis dentro do mesmo expediente.

Dado que a solicitude de revisión presentárase o 08.04.2003 non é de aplicación a LXT 58/2003 de 17-12 - DT 3ª - senón a Lei Xeral Tributara de 1963 .

Deduce que, aplicando a LXT de 1963 non procedía - dado que esta non o prevé- acorda-la non admisión da solicitude de revisión, senón que tiñan que tramita-lo expediente, e previo informe do Consello Consultivo, resolver sobre o fondo.

O que acontece é que esta conclusión non é correcta por existir unha xurisprudencia reiterada do TS contraria a esta pretensión; así as SSTS 29.01.2000, 06.04.2001, e 06.10.2001 son concluintes: unidas a la de que la declaración de inadmisión pronunciada por el Consejo de Ministros era factible sin necesidad de ultimar el expediente y recabar el dictámen del Consejo de Estado, conforme hoy admite expresamente el artículo 102.3 de la LRJAP y PAC en su redacción posterior a la Ley 4/1999, acabada de mencionar, y antes había ya admitido esta Sala - Ss., entre otras, de 2 y 23 de octubre de 1999 (recs. 8105/1994 y 904/1995) y de 29 de enero de 2000 (rec. 2572/1995 )-,..., las Sentencias de 21 de mayo de 1988 y de 3 de octubre de 1991 (que se remite a la anterior), en un supuesto similar al que ahora nos ocupa, declaró ajustada a derecho la resolución ministerial denegando motivadamente la iniciación del expediente de revisión del artículo 153, porque no concurría en el supuesto ninguno de los tres motivos contenidos en el artículo 153 de la LGT ....

Polo dito, o feito de que a sentenza recorrida aplicara o artigo 217.3 Lei 58/2003, que prevé, expresamente, a posibilidade de inadmitir a trámite a solicitude de revisión (en casos taxados) e non os artigos 153 a 159 LXT de 1963, que non o prevían expresamente carece de relevancia, dado que a xurisprudencia viña admitindo a posibilidade de inadmisión cando a pretensión carecía manifestamente de fundamento, ou non se baseaba nunha causa de nulidade do núm.1, que o que resolveu o pleno do Concello.

SEGUNDO

Baixando un novo chanzo, compre resolver se a pretensión do recorrente incumpre estas esixencia, é dicir, se carece manifestamente de fundamento ou se non se basea en causa de nulidade do artigo 153 LXT ou 217 Lei 58/2003 .

O recorrente sostén que concorre a causa de nulidade do núm.1.c do artigo 153 LXT : os actos dictados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.. xa que a inicial liquidación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR