STSJ Galicia , 28 de Septiembre de 2001

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2001:6743
Número de Recurso5947/1998
ProcedimientoCONTENCIOSO
Fecha de Resolución28 de Septiembre de 2001
EmisorSala de lo Contencioso

Recurso n° 02/0005947/19980 NO NOME DO REI A SALA DO Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ten dictada a SENTENCIA N° 1289 ILTMO. SRES.

D. CARLOS LÓPEZ KELLER D. MANUEL CONDE NUÑEZ D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA Na Coruña, a veintiocho de setembro do 2001.

No proceso contencioso-administrativo n° 02/0005947/19980, pendede resolución nesta sala, interposto por D. Juan Ramón , representado e asistido do letrado Sr Garcia Gago fronte a resolución da Dirección Xeral de Trafico desestimatoria do recurso ordinario interposto fronte a resolución da Xefatura de Trafico de Pontevedra; e parte demandada a Xefatura de Trafico asistida do letrado do Estado.

A contía do recurso e de 30.000 ptas.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Admitido a tramite o recurso, practicáronse as dilixencias oportunas e a parte recorrente formalizou a demanda, alegando o que estimou pertinente e suplicando se dicte sentencia estimatoria do recurso.

SEGUNDO

Feito traslado a parte demandada, contestou en tempo e forma, alegando o que estimou oportuno e solicitando a desestimación do recurso.

TERCEIRO

Finalizado o tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse para votación e Fallo do día 21 09-2001.

CUARTO

Na tramitación do presente procedemento cumpríronse os tramites e formalidades legais.

VISTO: Sendo relator o Iltm. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS PRIMEIRO.- Son varios os motivos alegados polo recorrente para solicita-la nulidade da sanción imposta delegación da potestade sancionadora, ausencia de trámite de audiencia e ausencia de práctica de probas.

O primeiro motivo, que tivo acollida na xurisprudencia do TSXGalicia foi expresamente rexeitado pola STS de 09-03-1999 dictada nun recurso de casación en interes de lei, que rexeitou que neste suposto se ppuidera falar de delegación.

Tampouco pode falarse de indefensión por ausencia de traslado da proposta de resolución como sinala a STSX MADRID 15-12-1998 A omisión da notificación da proposta de resolución non supón por si mesma motivo de nulidade radical ou absoluta do art. 62 da lei 30/92 xa que esta situación non esta prevista como unha das causas de nulidade (relación de numerus clausus) do referido precepto legal, nin, por isto, queda probado que se causara lesión a algún dereito fundamental. Tan so se trata dun tramite maís, e o recorrente tivo pleno coñecemento da sanción,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR