SAP Pontevedra 35/1999, 23 de Febrero de 1999

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:1999:428
Número de Recurso37/1999
ProcedimientoPENAL
Número de Resolución35/1999
Fecha de Resolución23 de Febrero de 1999
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA N. 35 Pontevedra, o 23 de febreiro de 1999.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de faltas número 0099/98, vindo do Xulgado de instrucción núm. 2 de Cangas , son parte/s: dunha banda, como apelante/s,

Iván e Jose Luis , e da outra, como

apelado/s, Pedro Enrique , CIA. DE SEGUROS ALLIANZ-RAS e o Ministerio fiscal. -ANTECEDENTES DE FEITO.

Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:

PRIMEIRO

Con data 26 de xuño de 1998, o xuiz do Xulgado de instrucción n° 2 de Cangas proferiu sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a alínea dispositiva da cal, rigorosamente, di:DECIDO. "Que debo absolver y absuelvo a Pedro Enrique de la falta de imprudencia del articulo 621 del Código penal con declaración de oficio de las costas procesales."

SEGUNDO

Tras a devandita sentencia terlles sido notificada ás partes, Iván e Jose Luis interpuxeron recurso de apelación que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal e, téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Non é a arde xuridica-penal a axeitada para resolver esta controversia, por non estar acreditado un actuar culposo do denunciado, ainda que catalogábel de infracción penal leve.

Dunha beira, non está de abondo acreditado o punto exacto no que se produciu a colisión, moi próximo, en todo caso, ao centro da calzada, segundo o atestado policial.

Doutra beira, non parece que un e outro ciclomotorista marchasen totalmente acaroados á súa dereita.

Por último, as contradictorias versións ofrecidas sobre o accidente por un e outro conductor, non superadas por ningún outro medio de proba, impiden determinarmos se houbo ou non houbo unha actuación penalmente neglixente do hoxe apelado.

SEGUNDO

Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española me outorga.

DECIDO

Que ó mester eu rexeitar, e de feito rexéitoo, o recurso de apelación movido por Iván e Jose Luis , contra da sentencia proferida polo Xulgado de instrucción núm. 2 de Cangas, na data de 26 de xuño de 1998 , con declaración de oficio das cultas procesuais delta alzada.

Deste xeito, por esta a miña sentencia, á fin...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 artículos doctrinales
  • Anexo jurisprudencial
    • España
    • La prejudicialidad en el Proceso Civil
    • 1 Enero 2006
    ...SAP Cantabria 13 febrero 1995 (AC 1995/361) SAP Baleares 20 mayo 1996 (AC 1996/905) SAP Madrid 11 octubre 1996 (AC 1996/2300) SAP Pontevedra 23 febrero 1999 (AC 1999/3455) SAP Asturias 22 enero 2001 (AC 2001/1564) SAP Valencia 10 abril 2002 (JUR 2002/164927) AAP Vizcaya 13 septiembre 1995 (......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR