SAP Pontevedra, 7 de Enero de 1999

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:1999:4
Número de Recurso201/1998
ProcedimientoPENAL
Fecha de Resolución 7 de Enero de 1999
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 4ª

SENTENCIA

En Pontevedra a sete de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Vistas polo ILMO. SR.D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO Maxistrado da SECCION CUARTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, o presente rolo de apelación 201/98 que procede dos autos do Xuizo de Faltas n° 34/98 seguidos no Xulgado Instrucción de A Estrada sobre CONDUCCIÓN DE VEHICULO A MOTOR SIN SEGURO OBRIGATORIO na que é parte o MINISTERIO FISCAL como apelante e Jorge como apelado.

I.-ANTECEDENTES DE FEITO.-Acéptanse os da sentencia recorrida, así como a súa declaración de feitos probados. E;

PRIMEIRO

Na data 26 de maio de 1998 pola Sra. Xuíz do Xulgado Instrucción de A Estrada dictouse sentencia nos autos orixinais de onde o presente rolo foi tirado, recolléndose naquela os feitos declarados probados: " Que el día cuatro de septiembre de 1997, el vehículo RI-.... , cuyo titular es Jorge circulaba sin el preceptivo seguro obligatorio.

SEGUNDO

Na devandita sentencia fixose constar na sua parte dispositiva o seguinte Fallo: " Que condeno a Jorge como autor de una falta contra el Orden Público a la pena de un mes de multa, a razón de una cuota de 200 ptas diarias"

TERCEIRO

Notificada a devandita sentencia as partes, polo MINISTERIO FISCAL formulouse recurso de apelación que foi admitido de xeito legal, e tras darlle traslado deste as outras partes e seguidamente eleváronse os autos a esta Audiencia Provincial para a sustanciación do devandito recurso.

II.- FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Os antecedentes fácticos do caso agora a resolver veñen dados polos seguintes: 1.- A xefa provincial de tráfico dirixiuse ó Fiscal-Xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra denunciando a Jorge por se este, b ser sorprendido o 4 de setembro de 1997 no punto quilométrico 20 da C-540, do terno municipal da Estrada, conducindo o vehículo a motor de matricula RI-.... carecendo de segura en vigor, podía ter cometido a falta prevista e penada no artigo 636 do vixente Código Penal ; 2.- Recibida a amentada denuncia na Fiscalía por esta, a medio de decreto, enviouse a mesma á Xulgado de Instrucción da Estrada en petición de que se celebrase o oportuno xuízo de faltas; 3.- C órgano xudicial d recibí-las devanditas actuacións e antes de sinalar día e hora para o xuizo oral resolveu, ós efectos do art. 50.5 do CP , libra-los correspondentes oficios; 4.- A un destes conrestouse pala oficina do INEM na Estrada que Jorge tiña recoñecido unha prestación contributiva por desemprego na oficina de emprego de Los Cristianos-Santa Cruz de Tenerife dende o 8-11-97 ó 3-3-98, cunha base reguladora diaria de 5.485 pts., esenda o importe liquido do mes de febreiro dunhas 93.690 pts. 5.- Sinalouse data para a vista enviándose a ta- efecto a correspondente cédula de citación ó denunciado ó domicilio (Santiago de Compostela) e enderezo (rúa Santiago de Guayaquil 7-5° a) que daquel figuraba na amentada denuncia; 6.-A citación ase. intentada resultou negativa país, o telegrama fai devalto coa constancia de "desconocido en dichas señas", a sellara que como inquilina residía na referida vivenda dende facia dous anos manifestou descoñecer a Jorge , e todo intento telefónico para dar con el manifestouse inútil ó non figura-lo seu nome na guía; 7.-Oficiuse á policía nacional de Santiago de Compostela e por esta contestouse que o denunciado se encontraba en paradoiro descoñecido; 8.- Á vista do anterior a Xuiz resolveu citar ó denunciado a través do DOGA para ,a correspondente celebración do xuízo; 9.- Así se efectuou e, chegado o día da vista a esta non compareceu o denunciado e si tan só a representante do Ministerio fiscal por quen, primeiro, se interesou a suspensión por non considerar suficiente a citación edictal e, despois, ante a negativa que obtivo a tal petición, a nulidade do actuado e, subsidiarimente, a condena do denunciado; 10.- A Xulgadora a quo dictou sentencia condenando ó denunciado e pola representante do Ministerio Fiscal formulouse recurso de apelación peticionando a revogación daquela sentencia, asemade que o xuízo sexa declarado nulo e se retrotraigan as actuacións para ordenar averigua-lo paradoiro do denunciado e poñer no seu coñecemento a existencia do procedemento.

SEGUNDO

Verbo dos requisitos de validez que toda citación edictal debe cumprir no ámbito do proceso penal e máis concretamente no xuízo de faltas, así como con respecto ás consecuencias que do emprazamento edictal se poden tirar en tal tipo de procedementos de xuízo de faltas cando, e malia o mesmo, non comparece o denunciado á vista oral, tense reiteradamente pronunciado o Tribunal Constitucional (por todas, a súa sentencia n° 135/1997, do 21 de xullo ) sentado ó respecto unha doutrina que non por de sobras coñecida se debe deixar de traer aquí a colacción.

Así sinálase polo TC que: "El art. 24,1 CE exige la correcta citación de las partes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR