ORDE do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyOrde

O artigo 149.1.13 da Constitución española establece que a comercialización en orixe dos produtos pesqueiros está sometida á normativa básica do Estado, e que corresponden a Galicia as competencias de desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación básica do estado no seu ámbito territorial en materia de ordenación do sector pesqueiro, recollidas no artigo 28.5º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O Real decreto 1822/2009, do 27 de novembro, polo que se regula a primeira venda dos produtos pesqueiros, establece a normativa básica do Estado nesta materia.

Ao abeiro do artigo 3.4º da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, as disposicións relativas, entre outras, á ordenación do sector pesqueiro galego, a mercados, comercialización, manipulación, transformación e conservación dos produtos pesqueiros serán de aplicación en todo o territorio de Galicia.

O Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco, modificado polo Decreto 101/2006, do 8 de xuño, ten por obxecto, de conformidade co seu artigo 1, regular no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a descarga e primeira venda dos produtos frescos da pesca (peixe e marisco) que se levan a cabo nas lonxas ou nos centros autorizados, así como a actividade comercial dos produtos frescos da pesca, algas e da acuicultura, calquera que for a súa orixe.

Estas disposicións tamén aparecen recollidas, a nivel autonómico, pola Orde do 8 de febreiro de 2008, pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos, e as súas modificacións, así como a Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca.

Respecto ao control da comercialización, o Regulamento (CE) núm. 1224/2009 do Consello, do 20 de novembro de 2009, polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común, e o Regulamento de execución (UE) núm. 404/2011 da Comisión, do 8 de abril de 2011, que establece as normas de desenvolvemento do anterior, establecen a obriga de que todos os produtos da pesca desembarcados na comunidade europea, e para os que non se presentase unha nota de venda nin unha declaración de recolla e que se transporten a un lugar distinto do de desembarque, deberán ir acompañados dun documento de transporte ata que se efectúe a primeira venda; así como que, respecto dos produtos que se destinen a unha venda posterior, deberase presentar ás autoridades competentes unha declaración de recolla.

O proceso de comercialización en orixe dos produtos pesqueiros atópase implantado para a práctica totalidade das pesqueiras. Sen embargo, existen algunhas actividades da pesca en que se fai necesaria unha actualización normativa que garanta un sistema de control eficaz na fase de comercialización en orixe e que, ao mesmo tempo, facilite o seguimento da súa rastrexabilidade. É o caso dalgunhas especies capturadas nos tramos finais dos ríos, como son a anguía (Anguilla anguilla) e a lamprea (Petromyzon marinus).

Ríos como o Miño, o Ulla e o tramo final do Tea contan cunha ampla tradición de explotación pesqueira e existe un importante colectivo de pescadores/as que exercen a actividade profesional nas súas augas, principalmente na pesqueira da angula (meixón) e lamprea no río Miño e da lamprea nos ríos Ulla e Tea.

No río Miño dáse, ademais, a particularidade de que a súa desembocadura serve de fronteira entre España e Portugal, polo que o control e xestión da pesca no tramo internacional do río Miño (TIRM) é responsabilidade da Comisión Permanente do Tramo Internacional do Río Miño, constituída por representantes da Administración dos ambos países.

Nos ríos Ulla e Tea, así como no resto dos ríos de Galicia, a competencia en materia de pesca fluvial corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, regulada pola Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

En todos os casos citados as normativas teñen por obxecto, entre outros, a regulación da conservación, fomento e aproveitamento ordenado das poboacións piscícolas e outros seres vivos que habitan nesas augas, pero non consideran a comercialización en orixe das especies capturadas neses cursos fluviais, que, por tanto, están reguladas polo Decreto 419/1993, do 17 de decembro, e pola Orde do 8 de febreiro de 2008 así como a Orde do 7 de febreiro de 2008 no relativo á primeira venda da pesca fresca.

Por outra banda, a actividade pesqueira das especies eurihalinas (especies que teñen a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR