RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012 pola que se adxudican as axudas da Orde do 12 de setembro de 2012, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2009), no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2012, e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyResolución

A Orde do 12 de setembro de 2012 (DOG núm. 180, do 20 de setembro) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación de 2009), no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os/as candidatos/as das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación de 2009).

As solicitudes admitidas, unha vez avaliadas por expertos externos ao Sistema Universitario de Galicia, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 alíneas c), d) e e) das bases da convocatoria, foron estudadas pola Comisión de Selección establecida no artigo 6 das bases xerais da dita Orde do 12 de setembro de 2012.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta de concesión elevada pola citada Comisión de Selección, na súa reunión do 26 de novembro de 2012, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación 2009) que se relacionan no anexo.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. As dezaoito axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 8 da bases de convocatoria.

Aplicación orzamentaria Universidade Nº prazas 2012 2013 2014 2015 Total
15.40.561B.444.0 UDC 2 936,99 57.000 68.400 10.463,01 136.800
15.40.561B.444.0 USC 9 0 256.500 307.800 51.300 615.600
15.40.561B.444.0 UVigo 7 0 199.500 239.400 39.900 478.800
Totais 18 936,99 513.000 615.600 101.663,01 1.231.200

Cuarto. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80%. Por iso, as universidades beneficiarias das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR