RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dereito de Empresa.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorUNIVERSIDADE DE VIGO
Rango de LeyResolución

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, conforme o comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dereito de Empresa que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la IglesiaReitor da Universidade de Vigo

ANEXOMáster universitario en Dereito de Empresa

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia ECTS
Obrigatorias 48
Optativas 0
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster 6
Créditos totais 60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias ECTS Carácter Módulo
Dereito de Sociedades e Dereito Concursal 6 Obrigatorio Mercantil
Contratación Mercantil 6 Obrigatorio
Dereito da Competencia e da Propiedade Industrial 3 Obrigatorio
Dereito
...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR