ORDE do 3 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2014.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyOrde

O Regulamento (CE) número 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP), define o marco de apoio comunitario a favor do desenvolvemento sustentable do sector pesqueiro para o período 2007-2013.

O dito regulamento tenta adaptar a frota pesqueira comunitaria de xeito que se poida conceder axuda pública para a paralización definitiva de buques pesqueiros afectados por plans de axuste do esforzo pesqueiro, segundo se establece no artigo 21 do Regulamento (CE) nº 1198/2006. Estes plans de axuste do esforzo pesqueiro refírense a plans de recuperación, plans de xestión, Plan nacional de desmantelamento, medidas de urxencia da Comisión, medidas de urxencia do Estado membro, medidas dos Estados membros dentro das 12 millas mariñas e medidas dos Estados membros aplicables unicamente aos buques pesqueiros que enarboran o seu pavillón.

Segundo a Decisión C (2012)9373 de execución da Comisión, que modifica a Decisión C (2007)6615, a taxa media de cofinanciamento do FEP é dun 75 % en todas as medidas.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva das actividades de pesca de buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, de conformidade co disposto no artigo 23 do Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, para o período 2007-2013, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2014.

Artigo 2 Finalidade das axudas

A finalidade das axudas reguladas nesta orde é axeitar a capacidade pesqueira da frota coa dispoñibilidade dos recursos mariños, mediante a redución do esforzo pesqueiro, e así lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga sendo unha actividade de desenvolvemento económico para esta comunidade.

A paralización definitiva poderase materializar por despezamento, asignación definitiva a tarefas non pesqueiras ou reconversión en arrecifes artificiais.

Artigo 3 Crédito orzamentario
  1. Para o ano 2014 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. O importe total máximo de concesión destas subvencións neste ano será de 5.685.457,70 €.

  2. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2007-2013) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2015, segundo dispón o artigo 55.1 do Regulamento (CE) nº 1198/2006.

  3. O importe fixado na presente convocatoria poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

  4. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

  5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 75 % e do Estado membro nun 25 %.

Artigo 4 Requisitos dos beneficiarios
  1. Poderán ser beneficiarios os propietarios de buques pesqueiros da 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques que cumpran os seguintes requisitos:

    1. O buque ten que ter unha antigüidade mínima de dez anos, ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Censo de Frota Pesqueira Operativa.

    2. O buque deberá ter unha actividade pesqueira mínima de 90 días de pesca en cada un dos dous períodos de doce meses anteriores á data de solicitude de paralización definitiva ou, alternativamente, 120 días de pesca nos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de paralización definitiva.

    3. O buque non deberá estar achegado como baixa para unha nova construción ou modernización.

    4. O buque ten que estar afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.

    5. Ao solicitar a axuda, o buque deberá estar libre de cargas e gravames, salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización expresa da entidade crediticia para solicitar esta axuda.

    6. O buque deberá estar en condicións de navegar e realizar a actividade pesqueira nas condicións que exixe a normativa en vigor.

  2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  3. Os solicitantes da axuda, antes de que se dite a proposta de resolución, deben estar ao día das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5 Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:

  1. Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación. Excepcionalmente, en casos xustificados, logo de petición do interesado, os prazos poderán ser prorrogados por resolución expresa do secretario xeral do Mar.

  2. Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

  3. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.

  4. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

  5. Comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

  6. Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

  7. Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

  8. Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

  9. Dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.

  10. No caso das frotas que teñan dereitos de pesca asignados de xeito individual, o propietario do buque que se vaia paralizar deberá comprometerse a traspasar o 100 % dos dereitos de pesca a buques con porto base en Galicia ou a buques de empresas que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. A permanencia do receptor na nosa Comunidade (porto base ou domicilio fiscal) terá que ser por un tempo de 5 anos desde que se realice a transferencia de dereitos. O seu incumprimento implicará o reintegro pro rata temporis da axuda. Para este efecto para proceder ao pagamento cubrirase o anexo VI desta orde.

  11. Con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, o buque debe estar de alta no Censo de Frota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.

Artigo 6 Contía das axudas

A contía das axudas será como máximo a seguinte:

  1. Prima por despezamento:

    Categoría por tonelaxe do buque (GT) Importe máximo da
    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR